SARA CARBONERO, PATRICIA CONDE, SIMONE DE BEAUVOIR

Posted by franciscocastro - 22/11/10 at 04:11 p.m.

A min non me gusta, porque non me gusta, lanzar este tipo de discursos porque se me pon cara de vello.

A min non me gusta, porque non me gusta, dicir que antes algunhas cousas estaban mellor.

Pero é que non me queda outra cando leo que, segundo un estudo recente feito por twitter, as dúas mulleres que hoxe marcan tendencia entre as mozas españolas son Sara Carbonero (xornalista) e Patricia Conde (actriz, supoño). Segundo ese informe as neniñas din que de grandes queren ser coma elas. E por iso a roupa que elas poñen elas queren poñer. E os peiteados que estilan elas queren estilar (e supoño que o mesmo estudo feito con rapaces daría resultados parellos pero, quizais, con Iker Casillas ou Fernando Alonso ou así). E aínda menos mal porque se chegan a dicir que Belén Esteban, daquela morro.

O que quero dicir, aínda que non me gusta dicir, é que pasa nun país cando a referencia son mulleres que son famosas non polo seu traballo senón por asuntos paralelos, a saber, polos seus amores con porteiros ou cantantes ou así.

Ou dito doutra maneira: que pasa cando a referencia non son Simone de Beauvoir ou Virginia Wolf. Ou que pasa cando as pequechas responden que de grandes o que queren ser é famosas. Ou que pasa cando as concursantes de Gran Hermano son tratadas coma deusas.

Que pasa, que eu non entendo.

Os comentarios están pechados.