CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU

Posted by franciscocastro - 04/11/10 at 03:11 p.m.

De cando en vez leo novas que me deixan  moi preocupado. Porque cando resulta que persoas que sei que están nas antípodas da miña sensibilidade, pois resulta que teñen os meus mesmos gustos, carafio, éntrame así como cousa.

Pasoume hai tempo co presidente da Xunta, fan entregado, coma min, de Luis Eduardo Aute e dos Dire Straits. Agora, leo que Barack Obama, xa sabedes, o premio Nobel da Paz que aínda non alzou a súa voz contra das barbaridades do goberno da China, non vaia ser, ten metido no seu trebello de escoitar música todo o rato a Bob Dylan, outro dos meus mitos máis grandes.

Daquela, estou aterrado ao saber que Corina Porro, candidata á alcadía de Vigo polo PP, permítenos, dende a súa nova web, escoitar a música que selecciou para nós. Ponme medo de verdade. Aínda non me atrevín. Como saian os Beatles morro do desgusto…

Os comentarios están pechados.