Archive for Novembro, 2010

DEIXOUNOS DON PACO

27th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DEIXOUNOS DON PACO

Hoxe o venres tinguiuse tristeiro. Cando a noite xa era noite, soubemos que viña de deixarnos un home de luz. Francisco Fernández del Riego, intelectual galeguista, fillo da Xeración Nós, fundador da Editorial Galaxia, expresidente da RAG, pai do Día das Letras Galegas, escritor, crítico literario, director da Penzol ata hai nada… morría na súa casa […]

HOXE, UNHA CONFESIÓN ÍNTIMA

25th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HOXE, UNHA CONFESIÓN ÍNTIMA

Hai ben de tempo que quería comentar unhas frases do admirado Sting, nunha entrevista recente: El principio del viaje de cualquier artista empieza sintiéndote un extraño en tu propia casa, en tu barrio, alguien que no encaja. Yo tuve esa sensación. La sigo teniendo. Es una maldición y una bendición a un tiempo. Xa sabedes […]

SON TODO XENREIRA

24th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en SON TODO XENREIRA

Coido que unha das mellores cousas que nos dá a literatura, aos que escribimos, é a posibilidade de saldar contas con quen nos pete. Facer xustiza. Que gañen os bos. Maldicir. Explicar outros mundos. Eu escribo, tamén, para iso, para saldar contas. Fíxeno en Xeración Perdida, coa miña época adolescente, coa desfeita que padecemos; fíxeno […]

SARA CARBONERO, PATRICIA CONDE, SIMONE DE BEAUVOIR

22nd Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en SARA CARBONERO, PATRICIA CONDE, SIMONE DE BEAUVOIR

A min non me gusta, porque non me gusta, lanzar este tipo de discursos porque se me pon cara de vello. A min non me gusta, porque non me gusta, dicir que antes algunhas cousas estaban mellor. Pero é que non me queda outra cando leo que, segundo un estudo recente feito por twitter, as […]

DE COMO UNHA OFERTA DO GADIS ME CONVERTEU EN PERIGOSO TERRORISTA INTERNACIONAL

18th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DE COMO UNHA OFERTA DO GADIS ME CONVERTEU EN PERIGOSO TERRORISTA INTERNACIONAL

Estes días andiven por aeroportos varios. E xa me tiña que tocar vivir o absurdo da paranoia da seguridade. A min, que teño esta cara de santiño que todos sabedes. Eu, considerado perigoso terrorista internacional en potencia. Cando ía subir ao primeiro dos avións que estes días tiven que coller, os de seguridade, despois de […]

CRÓNICA DE PORTO

14th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CRÓNICA DE PORTO

O venres e sábado tiven a sorte de participar nos 16 Encontros luso-galaico-franceses do livro infantil e xuvenil. Tiven dúas intervencións, unha como editor e outra, en diálogo con Montse Pena Presas, como autor. O primeiro que debo reseñar, como xa teño comprobado en saídas polo estilo, é a calidade humana dos compañeiros e compañeiras […]

VOU FACER UN STREAPTEASE

10th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en VOU FACER UN STREAPTEASE

Como xa dixen, venres e sábado estarei participando nos 16 Encontros luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil en Porto. O primeiro día falarei como editor, centrándome nos novos soportes de edición e os retos que se nos aparecen aos editores diante dos eBooks, os iPads, etc., todo iso do que levamos, xa, anos falando, e que […]

CONTRA O BOÍSMO

9th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTRA O BOÍSMO

Este venres e sábado andarei por Porto participando nos 16 Encontros luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil. Teño un relatorio sobre a Edición para este chanzo de idade e outro sobre a miña obra, en conversa coa crítica literaria Montse Pena Presas. Non é só do que vou falar, pero cando fale da miña escrita, […]

A sombra que asombra

5th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en A sombra que asombra

Ese é o título do conto que veño de publicar no volume colectivo Quéroche contar un conto, e no que tamén participan An Alfaya, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos. O libro é unha iniciativa de ASPANAEX, importantísima asociación viguesa de apoio ás persoas con discapacidade intelectual, e que tiveron a marabillosa […]

CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU

4th Novembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU

De cando en vez leo novas que me deixan  moi preocupado. Porque cando resulta que persoas que sei que están nas antípodas da miña sensibilidade, pois resulta que teñen os meus mesmos gustos, carafio, éntrame así como cousa. Pasoume hai tempo co presidente da Xunta, fan entregado, coma min, de Luis Eduardo Aute e dos […]