Archive for Outubro, 2010

CIBERESQUEZO

14th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CIBERESQUEZO

Así titulei o meu artigo hoxe no dixital de A Nosa Terra. Podes lelo aquí.

Un poema ‘Pel con pel’

13th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un poema ‘Pel con pel’

Para a miña nai escribín un poema. Saíu publicado hai uns días no libro colectivo Pel con pel, con textos arredor da lactación materna. Di así: A beleza primeira esa que é agasallo e un perfume que era cova. Melancolía dunha aperta imposible. Hai un algo case que nada de luz nesta amnesia compartida dun […]

PARA QUEN ANDE ESTE MÉRCORES POR COMPOSTELA…

12th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA QUEN ANDE ESTE MÉRCORES POR COMPOSTELA…

e teña ganas, estarei ás 20 horas na Facultade de Filosofía (alí estudei eu, non imaxinades a ilusión que me fai), para participar nunha charla coloquio, presentado por esa marabilla que é Arantxa Serantes, arredor do meu libro O segredo de Marco Polo. Sei que haberá música veneciana. E algunha máis. Eu levo moitas imaxes […]

DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO (e 3)

11th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO (e 3)

Para rematar con estas reflexións arredor de Marco Polo, direi que conseguiu unha das cousas máis difíciles de lograr por calquera ser humano: ser soñado a través do tempo por centos de persoas en moi distintos lugares do mundo. Quero dicir, que a súa xesta, sobre todo (eu tentei transmitir isto no meu libro), serviu […]

DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 2

10th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 2

Eu non creo no destino. Pero si nas casualidades. Aínda que é moito máis lindo crer, por suposto, no destino. Tamén é moito máis literario. E sería polo destino, ou mellor, pola casualidade, que Marco Polo foi preso polos xenoveses despois dunha batalla contra os venecianos, e metido no cárcere durante uns cantos anos. Alí, […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘As palabras da néboa’

9th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘As palabras da néboa’

Como cada sábado, déixovos un fragmento, lido por min (hoxe voz ghripalleira) dalgún texto meu. Hoxe queda para que vos descarguedes, un texto do comezo da miña novela As palabras da néboa. Conta o instante no que Antonio de Outeiro, un dos protagonistas da mesma, chega ao peirao de Baiona. Todo é entusiasmo en todos. […]

DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 1

8th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 1

Aínda que hai meses que saíu o libro, sego lendo sobre Marco Polo, aínda fascinado pola súa figura e pola súa fazaña. Por iso quero dedicarlle tres post máis para acabar de dicir o que quero dicir. Despois calarei para sempre sobre isto (escribo estas verbas pero cos dedos cruzados, non vaia ser). A xente […]

ESCOITA O PRIMEIRO CAPÍTULO DE ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

6th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESCOITA O PRIMEIRO CAPÍTULO DE ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

A semana pasada presentouse o programa Oes, eu leo!, comandado pola Xunta e que ten como obxectivo poñer nas bibliotecas de todo o país, cedés con fragmentos de obras literarias destinadas ao público infantil, ben narradas e con música (vamos, un audiolibro en condicións), para que, despois de oílos, teñan a gusto de coller o […]

COMO SE NOTA QUE SON FAMOSO (a cultura gañoulle ao fútbol)

4th Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en COMO SE NOTA QUE SON FAMOSO (a cultura gañoulle ao fútbol)

Son, no instante no que comezo a escribir este post, as 16,55 do serán do luns 4 de outubro de 2010 (por certo: San Francisco). Despois dun rato entrando en media ducia de bares polo Casco Vello de Compostela, preguntando se teñen rede WiFi, por fin dou con un que si. Se seguides lendo, entenderes […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O vello Sinbad nunca volveu as illas’

2nd Outubro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O vello Sinbad nunca volveu as illas’

Como cada sábado, déixovos, na miña voz, un texto. Neste caso vai un relato completo que publiquei no libro que a Asociación de Escritores en Lingua Galega impulsou ás poucas semanas do afundimento do Prestige e que se titulou Alma de beiramar perdida. O meu relato titulouse O vello Sinbad nunca volveu as illas. E […]