DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Chamádeme Simbad’

Posted by franciscocastro - 30/10/10 at 02:10 p.m.

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento do comezo da miña novela para crianzas, Chamádeme Simbad.

Estamos no momento no que Paulo, o neno protagonista, está presentándonos ao seu avó, enfermo de Alzhéimer, co que xoga, no sofá. Os dous son piratas, e o salón da casa é un barco. Mais o avó, vai desaparecer. Un día deixará de estar na casa.

Tendes o audio aquí.

Os comentarios están pechados.