DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Canción para Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en 1936 (1ª parte)

Posted by franciscocastro - 16/10/10 at 01:10 p.m.

Hoxe déixovos, na miña voz, a primeira parte do poema que escribín, convocado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, para unha homenaxe literaria a Ánxel Casal, que foi alcalde de Santiago e editor da mítica Nós. Morreu fusilado polos fascistas no 36 polo delito que xa todos imaxinades: galeguista, home de letras, editor, fiel á República.

O poema ten dúas partes.

Hoxe deixo aquí a primeira. Coido que, cando a escoitedes, debedes ter presente que o ideal é que, de fondo, soasen violíns, pero dos que saben chorar. Lamentablemente, non sei como facelo.

Tendes o audio aquí.

Os comentarios están pechados.