Un poema ‘Pel con pel’

Posted by franciscocastro - 13/10/10 at 01:10 p.m.

Para a miña nai escribín un poema.

Saíu publicado hai uns días no libro colectivo Pel con pel, con textos arredor da lactación materna.

Di así:

A beleza primeira
esa que é agasallo
e un perfume que era cova.

Melancolía dunha aperta imposible.

Hai un algo
case que nada
de luz nesta amnesia compartida dun tempo no que fomos felices euentí.

Agora só carne cocida na lembranza das túas tetas.

Todo fica escurecido nun recordo infantil e derradeiro
que xa non entendo.

Nun bico lácteo inconsistente
que xa non sei que sabía a ti.

Para Marisa Veloso

nai doente de alzheimer

que me aleitou cando era memoria

e vida 

Os comentarios están pechados.