PARA QUEN ANDE ESTE MÉRCORES POR COMPOSTELA…

Posted by franciscocastro - 12/10/10 at 09:10 p.m.

e teña ganas, estarei ás 20 horas na Facultade de Filosofía (alí estudei eu, non imaxinades a ilusión que me fai), para participar nunha charla coloquio, presentado por esa marabilla que é Arantxa Serantes, arredor do meu libro O segredo de Marco Polo.

Sei que haberá música veneciana. E algunha máis. Eu levo moitas imaxes para explicar un pouco a intrahistoria da novela, por que a fixen e, sobre todo, por que escribo. E, segundo me comentaron dende a organización, téñenme preparada algunha clase de surpresa.

Pois nada, se gustades, vémonos alí para falarmos. Do libro ou do que xurda.

Os comentarios están pechados.