ESCOITA O PRIMEIRO CAPÍTULO DE ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

Posted by franciscocastro - 06/10/10 at 03:10 p.m.

A semana pasada presentouse o programa Oes, eu leo!, comandado pola Xunta e que ten como obxectivo poñer nas bibliotecas de todo o país, cedés con fragmentos de obras literarias destinadas ao público infantil, ben narradas e con música (vamos, un audiolibro en condicións), para que, despois de oílos, teñan a gusto de coller o libro e lelo completo.

Un dos libros seleccionados foi o meu Chamádeme Simbad. Para a gravación botouse man da música de Reza Manzoori, ‘Plaiocchie’ e de Vrack, ‘Mishto’ e ‘La traverzèe du desert’. Todo contado coa voz de Susana Dans.

Podedes descargar o audio aquí.

Os comentarios están pechados.