‘CHAMÁDEME SIMBAD’ FINALISTA DO FREI MARTÍN SARMIENTO

Posted by franciscocastro - 01/10/10 at 01:10 p.m.

Veño de saber que o meu Chamádeme Simbad é un dos finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento deste ano, un galardón que amo especialmente pois xa o recibín por Un bosque cheo de faias e por O ceo dos afogados. Pero, sobre todo, é un premio que amo porque é concedido polos escolares galegos que certifican así calos foron os libros que máis lles gustaron de todo o ano. Un premio lindísimo, pleno de significado e que implica a milleiros de rapazas e rapaces lendo en galego e votando en gustosa liberdade.

O meu Simbaciño terá que competir con outros dous grandes libros: E Xoel aprendeu a voar de Marica Campo e O tesouro da corsaria de Rafael Lema.

No mes de Maio coñeceranse os gañadores. Eu, xa estou máis que contento.

Os comentarios están pechados.