Archive for Setembro, 2010

DEIXÁDELLES XOGAR Á WII

14th Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DEIXÁDELLES XOGAR Á WII

Levo anos mergullado en proxectos de animación á lectura. E levo anos queixándome, ás veces coa boca pequena, outras veces protestando neste blog, contra desas actitudes protoxurásicas de pais, nais, mestres e mestras, profesorado en xeral, xornalistas e incluso, claro que si, escritores e escritoras, de demonización absoluta de todo o que teña que ver […]

OS LIBROS DOS CRIMINAIS VÉNDENSE BEN

13th Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS LIBROS DOS CRIMINAIS VÉNDENSE BEN

Durante os actos de presentación do libro de memorias de Tony Blair, xa saben, aquel roqueiro que se pasou a tenor naquela ópera bufa das Azores, houbo manifestacións de prostesta, cargas policiais e moita xente indignada polo que alí di, en especial, como Aznar, como Bush, pola reiteración no discurso, superado pola historia e, sobre […]

TERRAGRAFÍAS

6th Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en TERRAGRAFÍAS

Mañá, as oito do serán, na Sala III do Centro Social Caixanova, o fotógrafo Anxo Cabada inaugura a súa exposición Terragrafías na que un grupo de escritores e escritoras (entre outros: Eva Veiga. María Xosé Queizán, Manuel Forcadela. Xaime Toxo, Fran Alonso. Román Raña, Antonio García Teixeiro. Baldo Ramos, Adolfo Caamaño. Xurxo Souto, Xavier Rodríguez Baixeras. […]

COMO WOODY ALLEN (2)

3rd Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en COMO WOODY ALLEN (2)

Hai uns días comentaba algunhas cousas sobre esta entrevista con Woody Allen. Hoxe, quero dicir algo máis. Porque toda ela é unha longa reflexión sobre o feito de crear. Por que o facemos. Que nos leva a madrugar para escribir, a non deitarnos á noite para escribir, a estar no parque pensando nunha novela, a […]

OBRADOIRO LITERARIO EN COMPOSTELA EN OUTUBRO

2nd Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en OBRADOIRO LITERARIO EN COMPOSTELA EN OUTUBRO

O vindeiro mes de outubro inicio un novo Obradoiro Literario en Compostela. Oito sesións, os luns a partir do día 4, entre as 18 e as 20 horas no Centro Social Caixanova de Santiago. Xa vos podedes matricular. Ánimo. Será un pracer vervos a todas e a todos por alí. De seguido, a información toda […]

NAOMI WATTS, A DOR E A LITERATURA

1st Setembro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en NAOMI WATTS, A DOR E A LITERATURA

Hai pouco, a actriz Naomi Watts explicaba que, como artista, precisaba sufrir, que era importante para ela o sufrimento, a dor, a toma de conciencia do tráxico que é todo para que a arte -no seu caso a interpretación- abrolle como é debido. Quizais así queda claro que o de actriz é, sen dúbida, un […]