Xa podes concursar!

Posted by franciscocastro - 27/09/10 at 03:09 p.m.

Dende Fervenzas Literarias, onde onte se publicou a entrevista comigo, botan a andar un simpático concurso, pois sortean un exemplar da novela O segredo de Marco Polo  para os lectores da web (eu prefería que o gañador/a gozase dunha cea comigo, pero en fin, a crise é a crise 🙂

Curto e pego o que hai na súa páxina:

Se queres participar no concurso, envía un correo electrónico a concursos@fervenzasliterarias.com coa resposta á seguinte pregunta:

Na novela de Francisco Castro Spam, publicada por Galaxia no 2006, chegan á Empresa correos e mensaxes  vexatorios dirixidos ao Director Xeral. Cal era o pseudónimo utilizado polo remitente desas mensaxes?

Envíanos a túa resposta antes das 23.59 h. do venres 1 de outubro.

Animádevos a participar. A ver quen o leva…

Os comentarios están pechados.