DEIXÁDELLES XOGAR Á WII

Posted by franciscocastro - 14/09/10 at 02:09 p.m.

Levo anos mergullado en proxectos de animación á lectura. E levo anos queixándome, ás veces coa boca pequena, outras veces protestando neste blog, contra desas actitudes protoxurásicas de pais, nais, mestres e mestras, profesorado en xeral, xornalistas e incluso, claro que si, escritores e escritoras, de demonización absoluta de todo o que teña que ver cos ordenadores, consolas, internet, blogs, redes sociais, etc. O seu discurso é máis ou menos o seguinte: o que hai é que ler libros, así que eu prohibo na miña casa o tuenti e a nai que o botou.

O que estes non comprenden é que nunca a mocidade leu tanto. Libros para empezar. Pero letras, literatura, palabras, todo iso, tanto como agora. E a rede, a pantalla, ten moitísimo que ver. E o que non se pode é andar a manter, no século XXI, o mesmo discurso do XIX, cando o libro era a única fonte de acceso á sabedoría e ao mundo.

Por iso celebro, tanto tanto, artigos coma este de Eduard Punset.

Os comentarios están pechados.