OS LIBROS DOS CRIMINAIS VÉNDENSE BEN

Posted by franciscocastro - 13/09/10 at 02:09 p.m.

Durante os actos de presentación do libro de memorias de Tony Blair, xa saben, aquel roqueiro que se pasou a tenor naquela ópera bufa das Azores, houbo manifestacións de prostesta, cargas policiais e moita xente indignada polo que alí di, en especial, como Aznar, como Bush, pola reiteración no discurso, superado pola historia e, sobre todo, pola realidade, que é teimuda e non se deixa violar, de que o de Iraq estivo ben e que, por suposto, volvería a facelo sen o dubidar.

Agora todo iso está nun libro que (a pesar das acusacións saídas hai días de que foi redactado por un negro) non o dubiden, vai venderse moito máis de todo o que eu vendeirei no resto da miña vida.

Sabido é que as memorias dos criminais sempre se venderon moi ben.

Espero, cando menos, que os dereitos de autor que lle queden vaian todos a parar ás ONGs que traballan no Iraq atendendo ás vítimas da guerra que el, e os outros dous cantantes se inventaron no seu día.

Os comentarios están pechados.