TERRAGRAFÍAS

Posted by franciscocastro - 06/09/10 at 02:09 p.m.

Mañá, as oito do serán, na Sala III do Centro Social Caixanova, o fotógrafo Anxo Cabada inaugura a súa exposición Terragrafías na que un grupo de escritores e escritoras (entre outros: Eva Veiga. María Xosé Queizán, Manuel Forcadela. Xaime Toxo, Fran Alonso. Román Raña, Antonio García Teixeiro. Baldo Ramos, Adolfo Caamaño. Xurxo Souto, Xavier Rodríguez Baixeras. Ana Romaní, Chus Pato, Marga do Val, Xosé Vázquez Pintor, Cristal Méndez, Alexandre Nerium, Marisa Núñez, Lucía Aldao, Anxo Angueira, Maite Dono, Marica Campo, Mª Victoria Moreno, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, María Lado, Alfonso Armada, Carlos Fontes, Carlos Lema, Xesús Constela, Fina Casalderrey, Silvia García, Estro Montaña, e este menda) puxemos palabras ás inspiradas fotos do artista.

A que aquí vos deixo é a sobre a que traballei eu. E, de seguido, o meu poema.

TERRA

LEVO TODA A VIDA SACHANDO EN TI
TERRA,
E DESTE ATAFEGO
NON CANSO.

COMO NON AMAR A TÚA OLLADA DE LAMA HÚMIDA
COMO NON AMAR ÁS TÚAS MANS DE GRANITO CANSO,
ENMOLECIDO.

MULLER DE ESCUMA,
DI:
CARA ONDE MIRAN OS TEUS OLLOS.

VOLVEREI COA NOITIÑA
PARA PROCURARMOS XUNTOS MÁIS TERRA.

Chuzame! A Facebook A Twitter

7 ResponsesTERRAGRAFÍAS to “”

  1. amara orzania says:
    Setembro 6th, 2010 at 5:01 p.m.

    Preciosa fotografía e fermoso poema. Gratificante contemplar unha imaxe fotográfica e retratala con palabras.As vosas voces recreando o que hai detrás
    do que se ve.Eso que a simple vista non se ve:sentimentos,alma.

  2. náufrago says:
    Setembro 6th, 2010 at 9:02 p.m.

    Grazas, amara orzania. A foto si que é boa. Os versos, en fin, un fai o que pode. Bicos.

  3. Ana says:
    Setembro 9th, 2010 at 10:04 a.m.

    Ás veces, lémbrasme ás persoas que fan acrobacias ó estilo da ximnasia rítmica. Velos aí, dando saltos, movendo os pés en direccións opostas e pensas «qué doado parece»… E contigo é o mesmo: fas das cousas sinxelas agarimos para a alma, podes transmitir moito con poucas verbas. É doado leerte e difícil non quedarse reflexionando sobre o que dis.

  4. náufrago says:
    Setembro 9th, 2010 at 10:48 a.m.

    Carafio, Ana: que cousa máis linda acabas de dicirme. Grazas e grazas.

  5. paideleo says:
    Setembro 11th, 2010 at 1:15 a.m.

    É unha fermosa exposición que admirei en Vilaguindastre hai un tempiño.
    Por certo, anímaste a facer un meme ?

    http://leoeosseus.blogspot.com/2010/09/meme-dos-1103-posteos.html

  6. fasedoira says:
    Setembro 14th, 2010 at 4:35 p.m.

    Soberbio

  7. náufrago says:
    Setembro 14th, 2010 at 4:46 p.m.

    Grazas. Es moi xenerosa.