OBRADOIRO LITERARIO EN COMPOSTELA EN OUTUBRO

Posted by franciscocastro - 02/09/10 at 04:09 p.m.

O vindeiro mes de outubro inicio un novo Obradoiro Literario en Compostela. Oito sesións, os luns a partir do día 4, entre as 18 e as 20 horas no Centro Social Caixanova de Santiago. Xa vos podedes matricular. Ánimo. Será un pracer vervos a todas e a todos por alí.

De seguido, a información toda tal e como aparece no folleto promocional.:

Impartido por Francisco Castro, o obradoiro comeza o luns 4 de outubro e continuará os días 18 e 25 de outubro ; 8, 15, 22 e 29 de novembro e 13 de dicembro, en horario de 18:00 a 20.00 horas.
Partindo da pregunta ‘¿Gústache escribir?’ plantéase este curso co obxectivo de ofrecer unha actividade centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir. Desde o primeiro día, todos os asisten…tes terán a ocasión de escribir textos propios utilizando as distintas técnicas que se irán poñendo en práctica nas clases, creando unha dinámica na que os participantes e, sobre todo, os seus escritos, serán os verdadeiros protagonistas.
O taller, que dispón de 15 plazas, estará dividido en oito sesións cos siguientes temas: Obradoiro de escrita creativa; A práctica do relato breve; A arte da novela; Crear personaxes; Obradoiro de poesía; Técnicas básicas de narración literaria; A corrección do estilo e Algunhas reflexións sobre o mundo editorial.
Cada participante recibirá un informe arredor dos seus logros con recomendacións referentes a como continuar a súa aprendizaxe literaria unha vez terminado o curso.
O prezo da matrícula é de 80 euros. Os interesados en asistir a esta actividade poderán facer efectiva a inscripción a partir de 2 de seiembro a través da páxina web
www.caixanova.es e na taquilla telefónica 902 504 500

Os comentarios están pechados.