VAIA COÑAZO!

Posted by franciscocastro - 31/08/10 at 03:08 p.m.

Pasei toda a semana pasada fritíndome, literalmente, en Andalucía. Pero antes, pasei tres días en Madrid, e unha das xornadas dediqueinas a mergullarme nos postos de libros vellos e usados. Atopei un moi cheo de cousas interesantes. Naquela mesa caótica, axiña me decatei de que había unha morea de libros relativamente novos que, ao abrilos, viñan asinados co nome do seu ex-propietario.

A miña fabulatriz mente comezou a imaxinar as circunstancias que levarían a aquel individuo a vender a súa biblioteca. Todos tiñan apuntado a data no que foran mercados e a data no que foran lidos. Pensei na súa dor ao se desfacer dos seus queridos volumes. Pensei unha historia de ruína económica que o levaba a tomar semellante decisión. E como eu son así, decidín que quería un daqueles que foran daquel individuo que eu xa sentía como medio irmán.

Así que collín un exemplar dunha novela dun escritor francés (non vou dicir cal) do que gusto moitísimo. Un autor aínda vivo. Un autor moi polémico do que me gusta todo. Concretamente, collín a súa novela máis famosa. Unha realmente boa.

Dentro, coa súa caligrafía coidada, escribira: VAYA COÑAZO!

Deixeino alí. O tipo aquel que vendera a súa biblioteca, ademais, non tiña criterio ningún. Que lle dean.

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesVAIA COÑAZO! to “”

  1. Elisabeth says:
    Agosto 31st, 2010 at 8:27 p.m.

    E non será posible que esa novela sexa de verdade aborrecida?
    E como nos deixas co misterio de quen será ese escritor francés que che gusta tanto??
    Contenta de voltar a lerte!

  2. Antonio M. says:
    Agosto 31st, 2010 at 9:21 p.m.

    Unha das vivenzas máis inpactantes que tiven,mercando, foi na zona do casco vello de Vigo hai xá muitos anos en unha feira que habia, non sei si ainda o fan, en que un suxeto tiña a venda un album de fotos familiar..alguen que vendia todo o seu pasado, a súa familia, parte de si. E penso agora que o millor ese suxeto non merecia ter ese pasado, esa familia, esa parte de si.
    eu tampouco o merquei…non o merecía.
    Creo que fixeches ben, un abrazo.

  3. náufrago says:
    Agosto 31st, 2010 at 9:26 p.m.

    Que ben, Elisabeth e Antonio M que os dous valoredes distinto o que fixen. E respondo: a novela, Elisabeth, quizais é aborrecida para el. Non para min. Iso pásanos a todos cunha morea de libros. Antonio M: menuda historia! Hai unha novela aí. Apertas para os dous.

  4. Beluka says:
    Setembro 1st, 2010 at 8:46 a.m.

    Houellebecq? :)

  5. franciscocastro says:
    Setembro 1st, 2010 at 11:24 a.m.

    :) Si señora. Viva a túa intuición.

  6. Zeltia says:
    Setembro 2nd, 2010 at 12:39 a.m.

    Beluka: qué nivelaso!

    [gustoume a historia. -tamén pode que morrera-]

  7. náufrago says:
    Setembro 2nd, 2010 at 9:18 a.m.

    Carafio, espero que non! A obra que non cito é moi recente, como sabes.

  8. sara jess says:
    Setembro 2nd, 2010 at 7:28 p.m.

    pois eu tería mercado… :) son unha puta friki sentimental.

  9. náufrago says:
    Setembro 2nd, 2010 at 8:30 p.m.

    Eu tamén son sentimental.