¿E SE ASA LARSSON FOSE GALEGA?
Posted by franciscocastro - 22/08/10 at 09:08 p.m.Unha das autoras de moda é Asa Laarson, batendo marcas de vendas en todo o mundo grazas ao seu segundo libro, Sangue derramado. Como non: novela policial e sueca. Seica Suecia non dá poetas, ou narradores doutro xénero nos últimos tempos.
Estes días lin en varios lugares que ela, como tanta outra xente nunha chea de linguas distintas, un día entendeu que tiña que deixar o seu traballo para dedicarse á escrita, é dicir, deixou de ser avogada porque entendeu que lle divertía (así o dixo) escribir.
Asa Larsson é sueca. E daquela pode facer iso. Se fose galega, e aínda que escribise igual de ben (e por volver sobre o tema ) dende logo, non debería, nin de lonxe e por mera prudencia, deixar a toga.


Agosto 24th, 2010 at 6:57 p.m.
En Galicia temos unha boa nómina de escritores de novela negra, e non sempre valorados o suficiente por seren, iso que ás veces de di despectivamente, «escritores de xénero». Véñenme agora á cabeza Carlos Reigosa, Aníbal C. Malvar, Domingo Villar, Miguel Anxo Fernández ou Diego Ameixeiras, que en setembro sacará unha homenaxe a Montalbán con «Asasinato no Consello Nacional», satirizando as intrigas internas do BNG. Eu non moi afeccionada ao xénero, pero que haxa unha serie de escritores abordando este tipo de historias en galego, paréceme un síntoma de normalidade moi alentador.
Saúdos.
Agosto 25th, 2010 at 6:26 p.m.
Concordo, non se pode deixar a toga por escribir. O primeiro da pan, o segundo só ……… aínda non sei o que da!
Agosto 26th, 2010 at 10:04 a.m.
Aínda hei emigrar a Suecia, noooon.
Que envexa me dá esta muller… eu preciso cinco anos sabáticos consecutivos e só para poñerme ao día cos proxectos que me andan na cabeza.
Ai!
Agosto 30th, 2010 at 9:46 p.m.
Iso é o que de momento nos queda: o laio. Pero, iso si, que os proxectos que nos rondan pola cabeza saian todos. A pesar de todo. Que saian.