DAQUELA, COMO WOODY ALLEN
Posted by franciscocastro - 21/08/10 at 10:08 p.m.Onte, falaba de Sardá, e do seu escribir por amor á arte. Eu hai ben de tempo que dixen que, en parte, eu escribía por este tipo de cousas.
Quizais por iso gusto tanto desta entrevista con Woody Allen, a quen admiro entregadamente dende que teño uso de razón, na que reflexiona sobre a creatividade e os motivos que nos levan a nos poñer diante dun teclado a inventar outras realidades, a pasar tantísimo tempo xerando un universo falso, o literario (ou cinematográfico) pero que, en verdade, é o que nos dá pracer.
Quedo coa súa resposta, máis miña que a de onte do Sardá, cando afirma que traballa por diversión e por desesperación.
En efecto: eu escribo porque me fai feliz; e grazas á escrita, son capaz de sobrevivir, en parte, neste mundo desesperante que nos tocou.


Agosto 22nd, 2010 at 1:07 p.m.
Pois xa somos dous, querido amigo
Xa sei que non me prodigo moito por aquí, pero xa saves que se te sigue. Apertas
Agosto 22nd, 2010 at 2:00 p.m.
Moitas grazas Juan. Apertas grandes
Agosto 25th, 2010 at 10:06 p.m.
[...]Cuando estoy en mi casa, pienso: «¡Dios mío, la vida es corta, terrible y triste y yo soy viejo».
Coma min. [comparto algo cun xenio!]