Archive for Xullo, 2010

APRENDER DOS PORTUGUESES

13th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en APRENDER DOS PORTUGUESES

Onte participei con Marta Dacosta e Carlos Quiroga, moderados polo grandísimo escritor portugués Vergílio Alberto Vieira, nunha mesa redonda baixo do título Letras da Galiza na Feira do Libro de Barcelos. A cousa foi máis que ben. Cheo de público. Debate animado. Moito agarimo por parte deles e delas. Opinamos. Revolucionamos o mundo. Limos textos. […]

CASE QUE ME MATO

12th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CASE QUE ME MATO

O pasado venres, cando marchaba para casa, caín en plena rúa. En troques de poñer o pé onde debía (tiña que subir un banzo para entrar no patio que leva á miña casa), pisei no baleiro e Newton fixo o resto. Caín e batín con toda a parte esquerda contra da esquina do banzo. Fiquei […]

O SEU VALOR É DE SEU

10th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O SEU VALOR É DE SEU

Ese é o título en galego dun meu traballo que vén de saír no libro Creation, Publishing, and Criticism publicado por Peter Lang Publishing Group, de Irlanda, e coordinado polas profesoras María Xesús Nogueira, Laura Lojo e Manuela Palacios, e no que un mollo amplo de autores e autoras de diversos ámbitos da cultura reflexionamos […]

SEGUIMOS SENDO IGUAL DE PARVOS

8th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEGUIMOS SENDO IGUAL DE PARVOS

Lembro, do tempo do instituto, unha conferencia un día organizada por algún movemento ecoloxista, que me impactara especialmente e da que recordo só unha frase na que o barbudo conferenciante nos comentaba que así como a lexislación dos EUA prohibía que os barcos petroleiros entraran nas súas augas ata pasar unha inspección para garantir que […]

VENUS. A NATUREZA. A REPRESIÓN E O OLVIDO

7th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en VENUS. A NATUREZA. A REPRESIÓN E O OLVIDO

Estes días, xa o contei, andiven a voltas con Epicuro de Samos. E léndoo e, sobre todo, lendo sobre el, descubro cousas que tiña esquecidas, como por exemplo que Venus non é só a deusa do amor senón, orixinariamente, a deusa da natureza. Epicuro foi prohibido (e os seus libros desaparecidos) polo cristianismo. Tiña que […]

ALCALDES, FÚTBOL E LIBROS

6th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ALCALDES, FÚTBOL E LIBROS

Hai uns días botámonos as mans á cabeza cando soubemos que o concello de Vigo montara na Praza de Compostela unha pantalla xigante para seguir os partidos da selección española (como se a xente non tivese tele na casa; como lles gusta aos políticos os baños de multitudes… por certo, dende hai anos o concello de Vigo […]

O DÍA AQUEL EN QUE ME PERDÍN

5th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O DÍA AQUEL EN QUE ME PERDÍN

Non sei moi ben cantos anos tiña, pero si que cando era moi pequeno un día me perdín. Con toda esa angustia coa que se perden os cativos cando son conscientes de que pasan as horas e de cada vez a paisaxe é máis distinta da habitual; con esa lucidez terrorífica que dá saber que […]

LECTURA NO DIARIO CULTURAL

4th Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURA NO DIARIO CULTURAL

Esta semana o meu O segredo de Marco Polo protagonizará a páxina literaria do Diario Cultural da Radio Galega. Teño que ler cinco fragmentos representativos da novela, traballo, para o propio autor, dabondo complexo, porque hai tantos que escoller… Escoitámonos, daquela, todos os días da semana a partir das 15 horas.

TETAS E CUS

3rd Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en TETAS E CUS

Foi Herbert Marcuse, filósofo da Escola de Francfort, quen nos fixo ver que debaixo da aparencia de absoluta liberdade sexual que seica existe na nosa sociedade, en realidade o que hai é moitísima represión. E é ben certo. O normal é pensar o contrario. Saímos á rúa e vemos modelos case que espidas nos anuncios […]

PRESENTACIÓN EN VIGO

2nd Xullo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en PRESENTACIÓN EN VIGO

O xoves da semana que vén, é dicir, o día 8, ás 20.30 horas, poremos de tiros longos a miña nova novela, O segredo de Marco Polo, na Feira do Libro de Vigo. Terei a sorte de estar acompañado polo meu compañeiro en tarefas editoriais, Xesús Domínguez Dono e pola escritora Ledicia Costas. Estades todos […]