ESCRIBIR PARA NON TOLEAR
Posted by franciscocastro - 29/07/10 at 11:07 a.m.Hai uns días lía unha entrevista con Chuck Palahniuk, ese señor da foto, onde declaraba que a literatura é o que o salvou da tolemia.
Os escritores reflexionamos moito sobre a nosa arte e, sobre todo, sobre o sentido da nosa arte. Queremos saber porque nos dedicamos a isto, por que non empregamos mellor o tempo, eu que sei, noutros asuntos máis produtivos economicamente. Á xente cústalle entender que sacrifiquemos tanto pola literatura: familia, horas de durmir, relacións sociais… Ademais, a escrita é un traballo contraditorio pois é unha actividade profundamente solitaria que, no fondo, procura un resultado que implique chegar a millóns de persoas. A cada un, a cada unha que lle preguntes, dirache que o fai por unha cousa distinta: está o tópico de para que me queiran máis, e hai outros, unha chea deles.
Eu direi que si, que como Chuck Palahniuk escribo para non volverme tolo. Para sobrevivir. Para ser quen de estar no mundo. Para aturalo, que non para aturarme. Para ser quen de saír polas mañás a facer cousas normais de xente normal. Para manter a cabeza no meu sitio. Para sentir moito máis no medio desta realidade anestesiada. Para soportar. Para medrar. Para rir. Para tolear con elegancia e con estilo.
Escribo para ser feliz, si. Para ser un lúcido feliz. Ou para ser un tolo inconsciente.


Xullo 29th, 2010 at 12:14 p.m.
[...] This post was mentioned on Twitter by María Salgado Gómez, Francisco Castro. Francisco Castro said: Escribir para non tolear http://franciscocastro.blogaliza.org/2010/07/29/escribir-para-non-tolear/ [...]
Xullo 29th, 2010 at 6:10 p.m.
Ay!…Concordo plenamente!
Un saúdo, Fran!
( encantoume a presentación en Santiago de Compostela do teu novo libro » O segredo de Marco Polo», moitas noraboas!! )
Xullo 29th, 2010 at 9:55 p.m.
Moitas grazas Lasosita. Encantoume verte. De verdade que si.
Xullo 29th, 2010 at 10:48 p.m.
No caso do escritor de Portland, supoño que ese «non tolear» é máis polo seu trauma brutal do pai asasinado polo ex da súa noiva, coñecida vía sección de contactos e outros detalles surreais da súa vida como o seu antigo voluntariado con enfermos terminais, máis que por todas as motivacións que se adoitan dicir sobre o por que de escribir. Coido que ese «non tolear» non é tan metafórico como o que usen outros/as escritores/as.
Xullo 30th, 2010 at 1:02 a.m.
Por certo, un escritor bastante recomendable, este Chuck Palahniuk.
Xullo 30th, 2010 at 8:36 a.m.
Si, Conchi, el xa indica na entrevista que foi por iso. Eu, evidentemente, parto da súa reflexión para xeralizala.
Xullo 31st, 2010 at 12:16 p.m.
Leí A Marco Polo en estos días de viaje por Europa con la añoranza desta terra. El mensaje que me llegó, es que escribes para ensalzar el Amor. Un amor imposible, un amor idealizado, un amor sin esperanza, un amor platónico. Pero..
cuando alguien desea con tanta pasión algo, la vida siempre pone a nuestro alcance los caminos necesarios para realizarlo y las murallas se deshacen como las nubes se disipan al salir el sol.
Xullo 31st, 2010 at 1:22 p.m.
Grazas Carlos, aprecio moito o que me dis. Unha aperta grande.
Agosto 21st, 2010 at 10:52 p.m.
[...] Onte, falaba de Sardá, e do seu escribir por amor á arte. Eu hai ben de tempo que dixen que, en parte, eu escribía por este tipo de cousas. [...]