OLÉS EN PONTEVEDRA!!!

Posted by franciscocastro - 23/07/10 at 02:07 p.m.

Un ano máis, o Concello de Pontevedra (BNG, ollo) organiza nas Festas da Peregrina, un “espectáculo taurino”. Na propia web oficial, despois do saúda do alcalde, accedemos á programación do “festexo” no que se ofrece información detallada arredor de Manuel Díaz “El Cordobés” e de Francisco Rivera Ordóñez, entre outros toureiros.

Non vou gastar a cabeciña en poñer enriba da mesa a barbaridade. Simplemente direi que, dende sempre, a esquerda, nacionalista ou non, gustou de presumir de coherencia. Ata onde eu sei, as agrupacións ecoloxistas e de defensa da natureza e dos dereitos dos animais, simpatizan co Bloque ou, incluso, forman parte dela.

Xa que logo, espero que alguén con responsabilidade e opinión teña a ben explicarme como algo así é posible. Porque, se non ten explicación, daquela terei que pensar que tamén entre as xentes da esquerda nacionalista hai populismo e a crenza indebatible de que polos votos, o que sexa.

Os comentarios están pechados.