SEGUIMOS SENDO IGUAL DE PARVOS

Posted by franciscocastro - 08/07/10 at 03:07 p.m.

Lembro, do tempo do instituto, unha conferencia un día organizada por algún movemento ecoloxista, que me impactara especialmente e da que recordo só unha frase na que o barbudo conferenciante nos comentaba que así como a lexislación dos EUA prohibía que os barcos petroleiros entraran nas súas augas ata pasar unha inspección para garantir que non botaban nas súas costas os residuos, que no caso galego a práctica de deixarnos aquí toda a merda (con perdón, pero a palabra é do conferenciante) era a habitual.

Pasaron unha morea de anos, e volvo ler outra vez o mesmo: que no que vai de ano houbo, que se saiba, rexistrados 44 episodios de contaminación, causados todos por petroleiros que, ao pasar polas nosas costas, aproveitan para baleirar os depósitos e verter todo o estrume industrial que lles molesta.

Daquela, pasaron os anos, caeunos o pelo, pero seguimos sendo igual de parvos.

Os comentarios están pechados.