LOIS PEREIRO

Posted by franciscocastro - 26/06/10 at 05:06 p.m.

Lois Pereiro é o autor elixido pola RAG para a celebración do Día das Letras Galegas 2011. Tempo teremos, unha chea, de nos ocupar da súa obra e da súa vida.

Eu, agora, coa urxencia de ter escoitado a nova hai un cacho, só podo dicir que un dos libros dos que máis gocei nos últimos tempos foi o seu Poesía última de amor e enfermidade. Linlles poemas deste libro aos asistentes a algúns dos meus obradoiros literarios. Límolos xuntos. Reflexionamos xuntos. Estremecémonos xuntos. Poemas escritos dende a lucidez inmensa que da a asunción do propio destino; versos que nacen dende un desaforado -como debe ser- desexo de amar; palabras que deixan claro que, cando amamos e desexamos, é a todos e a todas.

Un libro do que beber beleza e verdade con devoción.

Os comentarios están pechados.