A POLÉMICA DO VEO É ARTIFICIAL, ¿O DA LINGUA NON?

Posted by franciscocastro - 25/06/10 at 03:06 p.m.

O pasado domingo, no suplemento central de La Voz de Galicia, publicouse unha interesante reportaxe na que unha xornalista do periódico percorría distintos lugares do país vestida coa roupa habitual das mulleres islámicas. As conclusións do traballo eran que os galegos e galegas non se sinten en absoluto molestos pola indumentaria e, di a xornalista, dejan claro que la polémica del velo es artificial.

Está moi ben que se diga iso: que a polémica do veo é artificial, que é unha cousa inventada polos políticos, que é un asunto máis mediático que real, é dicir, que a xente de verdade na rúa pasa do asunto e que o vive con naturalidade.

Xa sabedes como segue este meu comentario: pensemos no conflito lingüístico do que os xornais non deixan de falar. ¿Existía antes de que alguén, artificialmente, o provocase?, ¿estaba na rúa antes de que sectores interesadísimos botaran madeira para queimalo todo?

¿Non é este conflito da lingua absolutamente artificial?

Os comentarios están pechados.