Archive for Xuño, 2010

A XENTE SERIA DÁ RISA

30th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en A XENTE SERIA DÁ RISA

Estes días recuperei a lectura de Epicuro, á que non volvera dende o primeiro curso da carreira de Filosofía, aló polo 1984. Así que xa choveu. Lembro que daquela fora un gozo deixarme seducir pola filosofía hedonista, e sobre todo pola súa idea de sabedoría: o sabio procura o pracer; e o pracer é a ausencia de dor. […]

¿PODO SACAR PEITO?

29th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿PODO SACAR PEITO?

Hoxe vai de autobombo e de sacar peito e tal. De cando en vez precisamos días así. Vai. Estase a promocionar con moita forza unha novela titulada Egosurfing de Llúcia Ramis, merecente do Josep Pla e que publica Destino. Todo o mundo fala moi ben dela, e entre outras cousas trata diso, do egosurfing, que ven […]

AMOR, DESAMOR. A VIDA

28th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en AMOR, DESAMOR. A VIDA

Esta mañá, camiño do traballo, ao pasar ao carón da porta dun hotel, estaban unha morea de rapazas e rapaces adolescentes con tres adultos que tiñan toda a pinta de ser os seus profesores. Eles consultaban un plano da cidade no que sen dúbida era unha excursión de fin de curso. Avancei entre elas e eles […]

LOIS PEREIRO

26th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en LOIS PEREIRO

Lois Pereiro é o autor elixido pola RAG para a celebración do Día das Letras Galegas 2011. Tempo teremos, unha chea, de nos ocupar da súa obra e da súa vida. Eu, agora, coa urxencia de ter escoitado a nova hai un cacho, só podo dicir que un dos libros dos que máis gocei nos últimos […]

A POLÉMICA DO VEO É ARTIFICIAL, ¿O DA LINGUA NON?

25th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en A POLÉMICA DO VEO É ARTIFICIAL, ¿O DA LINGUA NON?

O pasado domingo, no suplemento central de La Voz de Galicia, publicouse unha interesante reportaxe na que unha xornalista do periódico percorría distintos lugares do país vestida coa roupa habitual das mulleres islámicas. As conclusións do traballo eran que os galegos e galegas non se sinten en absoluto molestos pola indumentaria e, di a xornalista, […]

O SEGREDO DE MARCO POLO

24th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O SEGREDO DE MARCO POLO

Vén de entrar no almacén da Editorial. A semana próxima, nas librerías. Estou máis que contento.

QUE MOURINHO VEÑA A GALICIA!

22nd Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE MOURINHO VEÑA A GALICIA!

Sabido é que a día de hoxe, a xente máis imitada é a do mundo do fútbol. Cando eu era adolescente eran os cantantes de rock. Hoxe son sen dúbida os futbolistas e, nos últimos tempos, tamén algúns adestradores con estilo, tipo Guardiola ou Mourinho. E daquela, sei que se conseguiramos, por exemplo, que o […]

SARAMAGO. A IGREXA

21st Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en SARAMAGO. A IGREXA

Saramago venceu a moitos niveis moitas veces. Como escritor, dende logo. Mais, sobre todo, venceu como persoa, pois era admirado, eu diría que dunha maneira unánime, por case que todos. Foi coñecerse a súa morte e, aos poucos segundos, a rede, sobre todo vía facebook, era un fervedoiro de mensaxes emocionadas como había moito tempo […]

¿MÚSICA OU AVIÓNS DE GUERRA?

20th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿MÚSICA OU AVIÓNS DE GUERRA?

Nestes intres de crise, non deixa de ser curiosa a maneira na que os noso gobernantes gastan os cartiños. Xa saben: agora non é tempo de gastar en cultura. Agora hai outras prioridades.  Vale. Onte, cando xa tiraba para casa coa pequecha, ao pasar polos xardíns de Montero Ríos -un dos puntos grandes referentes para […]

PAIXÓN MORBOSA POLOS RICOS

18th Xuño 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en PAIXÓN MORBOSA POLOS RICOS

Así titulei o meu artigo publicado hoxe no dixital de A Nosa Terra. Podes lelo enteiro aquí.