Archive for Maio, 2010

PRECISAMOS POETAS

13th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en PRECISAMOS POETAS

Hoxe, como cada xoves chegou á miña caixa de correo A Nosa Terra. A portada non podía ser mellor: foto de Uxío Novoneyra e unha frase que é un universo, saíndo da súa boca, Agora tamén necesitamos poetas. Si, agora necesitamos poetas. Sempre os necesitamos. Antes a súa voz era esencial nos intres máis poderosos […]

ANTONIO VEGA E A POESÍA

12th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ANTONIO VEGA E A POESÍA

Hoxe cúmprese un ano do pasamento de Antonio Vega. Falamos del hai seis meses. E seis meses despois seguimos. E seguiremos. A pregunta, xa que logo, sería por que estamos diante dun músico que vai resistir o paso do tempo. E a resposta é obvia, pero por complexa. E explícome. Vai resistir porque, a diferencia […]

ESTE DÍA DAS LETRAS DEBE SER UN VERDADEIRO DÍA DAS LETRAS

11th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESTE DÍA DAS LETRAS DEBE SER UN VERDADEIRO DÍA DAS LETRAS

Durante moito tempo mantiven que había que darlle unha volta ao Día das Letras, que había que ver o xeito de o conectar coa xente, que había que quitarlle solemnidade e traer a festividade á rúa, á xente, a ti e a min. Este ano, non teño nada que dicir sobre iso. Porque este 17 […]

SCARLETT JOHANSON, STEPHEN KING E EU

9th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en SCARLETT JOHANSON, STEPHEN KING E EU

Hoxe a prensa recolle que o escritor supervendas Stephen King vai aparecer na serie Sons of Anarchy, da que nada sei e sobre a que nada sabería de non ser por esa noticia que a vencella cun literato e que chamou a miña atención. Foi convidado a facer un cameo despois de declarar que era […]

A MIÑA RUTINA

8th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en A MIÑA RUTINA

Hoxe polo serán na radio escoitei un anuncio que falaba de que a mellor maneira de fuxir da rutina era facendo viaxes. Claro. Pero non é a mellor. É, se cadra, unha das mellores. Porque cando viaxamos, en efecto, a nosa vida ponse entre parénteses, as nosas preocupacións e angueiras diarias pasan ás marxes e, […]

FR

7th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en FR

Aínda non tiven ocasión de ilo ver, pero prometo ir en canto poida. Unha miña sobriña comentoume que foi ver a miña orla, a que está na Facultade de Filosofía de Santiago dende hai xa moito tempo. Sei que estou rodeado de mozas guapas por arriba, por abaixo e polos lados. Chámenlle curiosidade. Ou non. […]

¿COMO É POSIBLE MANIPULAR TANTO?

4th Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿COMO É POSIBLE MANIPULAR TANTO?

Como moitos de vostedes saben, paso moito tempo na autoestrada. E sempre vou coa radio posta, oíndo o que os meus dedos inquedos van atopando polo dial. De cando en vez, caen na COPE, e polo xeral, alucino case que sempre. Onte, camiño de Santiago polo serán, falaba Juan Manuel de Prada, ilustre asiduo deste […]

¿SON AS TOURADAS UNHA ‘BELA ARTE’? (AS CORRIDAS QUE ME IMPORTAN SON OUTRAS)

2nd Maio 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿SON AS TOURADAS UNHA ‘BELA ARTE’? (AS CORRIDAS QUE ME IMPORTAN SON OUTRAS)

Andan estes días os xornais, polo asunto da collida, falando do José Tomás, xa saben, un señor que gaña a vida meténdolle espadas polo lombo para dentro a uns bichiños inocentes que nada lle fixeron. Andan os xornais falando do nacho este, incluso os xornais galegos, esquecendo que en Galicia non hai moita tradición de […]