Archive for Abril, 2010

CONTOS PARA PARVOS (E PARA PARVAS)

14th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTOS PARA PARVOS (E PARA PARVAS)

A pasada fin de semana, a ministra de igualdade Bibiana Aído conseguiu titulares e, sobre todo, críticas, ao saír coa idea de suprimir dos centros de ensino os contos de toda a vida polo seu carácter sexista. A proposta, ademais dun disparate, é un sensentido pedagóxico pois, agás algúns centros ancorados no pleistoceno ideolóxico ou […]

HOXE FALAREI DE CARLA BRUNI E LETIZIA (UNHA REPUBLICANA REFLEXIÓN)

13th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HOXE FALAREI DE CARLA BRUNI E LETIZIA (UNHA REPUBLICANA REFLEXIÓN)

O certo é que Carmen Posadas non é escritora da miña devoción. Pero que queren que lles diga. Entendo que neste artigo ten toda a razón do mundo cando fala de que algunhas mulleres que ocupan papeis relevantes dende o punto de vista social e que, xa que logo, poderían servir de exemplo para as […]

MÁIS PRADOLONGO

11th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en MÁIS PRADOLONGO

Dende o primeiro momento amosei a miña devoción por Pradolongo, a película que con tanto esforzo rodou Ignacio Vilar e protagonizada por Roberto Porto, Rubén Riós (incombustible dinamizador, tamén), e Tamara Canosa, de quen me declaro admirador entregado. Xa o dixen no seu día: gusto da película non por cuestións patrióticas ou de apoio ao […]

O MEU DÍA DE LOUCURA BEATLE

10th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU DÍA DE LOUCURA BEATLE

Saín gozar da primavera, entre outras cousas, matinando en como ía eu falarvos de que tal día coma hoxe, hai corenta anos (tiña eu tres, xa que logo, e non me enterei, pero aínda así e todo doe), separábanse oficialmente os Beatles. E por suposto ía escribindo na cabeciña un post falando da súa importancia […]

CALQUERA TEMPO PASADO SI FOI MELLOR

9th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en CALQUERA TEMPO PASADO SI FOI MELLOR

A edición desta semana de A Nosa Terra lémbranos que, hai 20 anos, o goberno popular da Xunta de Xerardo Fernández Albor impulsara unha creativa campaña publicitaria baixo do lema Fálalle galego.  A frase, o que suxire, é que hai que facer o esforzo de falalo, que hai que poñer moito dende a casa para […]

MODA SI, MÚSICA SI, LITERATURA GALEGA NON

8th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en MODA SI, MÚSICA SI, LITERATURA GALEGA NON

Ven de abrir en Pontevedra unha exposición que promete moito, titulada “Os 80, moda en Galicia. Singularidades”, e que explica como naquela década para algúns prodixiosa (nótase que estamos maiores, revisando a nosa mocidade) se conseguiu que todo o mundo sacase peito diante da marca Moda Galega. Aquí había motivos para gabarse do traballo de […]

DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO

7th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO

Este xoves celébrase en todo o mundo -cousas de ianquilandia– o Día da Diversión no Traballo. Leo por aí e por aló que hai que organizar unha festa na empresa para celebralo como é debido. Leo a nova e bótome a rir. Porque hoxe coñecemos tamén como vai o do paro. Como lles caerá a […]

¿PERO POR QUE ESCRIBIREI EU NOVELAS?

6th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿PERO POR QUE ESCRIBIREI EU NOVELAS?

Estes días, na editorial, temos unha nova novela miña en pre-produción. A ilusión é moi grande. En semanas estará nas librerías. Xa falaremos. Porque, do que quero de verdade falar, é sobre unha pregunta que me leva comendo o siso dende hai un par de días, e non é outra que a sempiterna por que […]

NON SER RESENTIDOS

5th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON SER RESENTIDOS

Hoxe a miña opinión téndela aquí (á esquerda, non ten perda, son o tipo ese que sae aí ollando quen sabe que).

ESTE ESCRITOR É UN POUCO PARVO

4th Abril 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESTE ESCRITOR É UN POUCO PARVO

De cando en vez é importante que os fillos nos dean leccións de humildade e nos lembren que podemos ser moi parvos. Tal me aconteceu hai ben pouco, mentres axudaba ao meu fillo co exame de Lengua Española. Estabamos con iso da métrica e tal, e dándolle duro ao cuarteto. Daquela, reparei en que a […]