SERIES INFANTÍS E VALORES

Posted by franciscocastro - 25/04/10 at 09:04 p.m.

Anda estes días por Galicia Víctor López, productor de Pocoyó, do que xa falei hai pouco. E declara en varios medios que “os contidos infantís teñen que ser brancos, que as series non deben adoutrinar”. Partindo da base de que tal cousa é imposible, que adoutrinamos dende todas partes e dende todos os produtos culturais, hai que recoñecer que a súa azul criatura é das máis brancas nese senso (aínda que se quixeramos rascar, poderiamos facelo). Cando menos, é mellor que a factoría Disney, que leva tantas décadas transmitindo un estilo de vida casposo, un xeito de mirar o mundo parviño e propoñendo modelos de comportamento, sobre todo ás rapazas, francamente rexeitables. Hoxe a cousa é incluso peor. Probade a pasar unhas horas vendo as series das canles de Disney que entran por R, por exemplo, e alucinaredes a colores.

Persoalmente, non teño empacho en dicir que na miña casa, na que hai neno e nena, levamos toda a vida vendo Los Simpson, Shin Chan e, agora, Padre de Familia, American Dad e outras series de debuxos que escandalizarán aos benpensantes pero que, pola súa irreverencia, pola súa retranca e polo seu contido crítico e lúcido, é preferible ás remilgadas heroínas Disney, Jonas Brothers, Hanna Montana e lixiños polo estilo.

Os comentarios están pechados.