¿PERO POR QUE ESCRIBIREI EU NOVELAS?

Posted by franciscocastro - 06/04/10 at 09:04 p.m.

Estes días, na editorial, temos unha nova novela miña en pre-produción. A ilusión é moi grande. En semanas estará nas librerías. Xa falaremos.

Porque, do que quero de verdade falar, é sobre unha pregunta que me leva comendo o siso dende hai un par de días, e non é outra que a sempiterna por que escribirei eu novelas, coa de escritores boísimos que hai por aí.

Digo isto porque, nos últimos días, en todas as teles está Cristian Gálvez falando do seu novo libro, Xavier Sardá do seu, e Fran El Sevilla outro tanto. Dito doutro xeito, ¿como hei competir eu contra tanto talento? Porque vendo a de páxinas que, por exemplo, os medios escritos do meu país lles dedican ás súas obras literarias, xa me queda clarísimo que eles son uns fenómenos, e eu, un pobriño escritor de noveliñas galeguiñas pequeniñas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses¿PERO POR QUE ESCRIBIREI EU NOVELAS? to “”

  1. An says:
    Abril 7th, 2010 at 2:59 a.m.

    Dáme a min que calidade e publicidade son inversamente proporcionais (na meirande parte dos casos)Canto máis chambón é un máis publicidade ten…non digo cos «negros» desa xente non poidan facer boa literatura..so digo que non a fan. Saúdos e apertas

  2. Beluka says:
    Abril 7th, 2010 at 8:42 a.m.

    Ben sei que aínda terás a desfachatez de escribilas tú só e traballar duro para elas… ;) Vas ter que poñerte de moda…

  3. náufrago says:
    Abril 7th, 2010 at 5:06 p.m.

    Si, vou ter que contratar un negro literario.

  4. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » SE A JAVIER SARDÁ NON LLE COMPENSA… says:
    Agosto 20th, 2010 at 9:55 p.m.

    [...] Javier Sardá na que, entre outras cousas, preguntado pola súa nova novela, da que xa nos ocupamos aquí, solta o seguinte cando lle cuestionan se traballa ou escribe por amor á [...]