Archive for Marzo, 2010

O GALEGO COMO VIRUS

20th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O GALEGO COMO VIRUS

Hoxe tiven ocasión de comprobar que a nosa lingua é un virus e, xa que logo, que a mellor opción que nos queda é o contaxio a canta máis poboación, mellor. Coma case que sempre, todo aconteceu no parque, mentres xogaba coa miña filla. Ela quería subir na rendeeira. Subina. Ela declarou a súa independencia: […]

REBELIÓN, INSUBMISIÓN, LIBERDADE

19th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en REBELIÓN, INSUBMISIÓN, LIBERDADE

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/PUs5yuWp6Ro” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Todo son palabras.  Estamos feitos de palabras. Pensamos o mundo a través das palabras. Cando se nos quere ferir de verdade, o mellor é que nos ataquen con palabras. Por iso, cando defendemos as palabras nosas, estamos a defendernos nós como entidade, como realidade singular. Pero non quero falar […]

¿A QUEN SE PARECE PAPÁ? (NA VÉSPERA DO DÍA DO PAI)

18th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿A QUEN SE PARECE PAPÁ? (NA VÉSPERA DO DÍA DO PAI)

Aos pais encántanos pensar que os nosos fillos e fillas nos admiran, que somos os heroes perfectos. Tal pensei eu hai un intre, dende o salón, cando a miña filla (dous anos) berraba: – ¡Este é Papá!, ¡este é Papá! Como estaba no despacho onde temos os libros, e como sempre está colléndomos e desordeándoos, […]

QUE LLE DEAN O NOBEL A JUAN MANUEL DE PRADA

16th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE LLE DEAN O NOBEL A JUAN MANUEL DE PRADA

Hoxe, mentres viaxaba pola AP-9, onde practicamente vivo nos últimos tempos, parei na COPE porque estaban a falar de Miguel Delibes, autor que sempre me interesou e do que dixen, preguntado polo Faro de Vigo o día seguinte ao seu pasamento, que merecía máis o Nobel que Cela. Do  mesmo falaban na COPE. Así que […]

FACER POLÍTICA EN BÓLAS (UN POST SERIO E POSTMODERNO)

14th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en FACER POLÍTICA EN BÓLAS (UN POST SERIO E POSTMODERNO)

Eu díxeno hai un par de días, pero é obvio que estaba de coña. Pero agora hai quen vai en serio. E non creo que tirase a idea do meu blogue. A expresentadora da televisión colombiana, María Fernanda Valencia (a das fotos), prometeu que, se saía elixida para a Cámara de Bogotá, posaría espida para […]

ESTE VENRES RECITO EN VIGO

11th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ESTE VENRES RECITO EN VIGO

Xa o ano pasado, esa marabilla de poeta e de muller que é María do Carmo Kruckenberg cometeu a inconsciencia de convidarme a recitar poemas meus co gallo do Día Internacional da Muller. Escribín cinco que saíron nun volume titulado Elas. Mañá volveremos á Casa Galega da Cultura de Vigo, a partir das oito, para […]

¿CAL É O NOME DE LUGAR MÁIS BONITO QUE COÑECES?

7th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿CAL É O NOME DE LUGAR MÁIS BONITO QUE COÑECES?

Hoxe, en varios medios de comunicación, insertouse unha publicidade para convidarnos a visitar o interior de Portugal. Como imaxe, unha suxestiva foto, entre o sol e a néboa, dun lugar, en Coimbra, que se chama a Fonte dos Amores. Non me negarán que é un nome ben xeitoso. Sobre todo tendo en conta que, vendo […]

O MEU DISCURSO SOBRE A BELEZA

6th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU DISCURSO SOBRE A BELEZA

Hoxe, nun fermoso acto no Museo do Pobo Galego, a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregoulle o galardón Os Bos e Xenerosos aos concellos que, ata o de hoxe, auspiciaron o premio. Como xa vos comentara, a AELG pediume que escribira a Laudatio. En realidade, é un texto, creo, sobre a literatura e a […]

‘OS BOS E XENEROSOS’: MAÑÁ EN SANTIAGO

5th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ‘OS BOS E XENEROSOS’: MAÑÁ EN SANTIAGO

Mañá estarei en Santiago convidado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, ás 12 no Museo do Pobo Galego, para ler a Laudatio no acto de entrega do premio ‘Os bos e xenerosos‘ ao Premio Blanco Amor, iniciativa imprescindible para entendermos o desenvolvemento da nosa literatura contemporánea. Eu gañeino no ano 2006. É toda unha […]

EU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS)

4th Marzo 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS)

Hoxe escoitei dúas cousas curiosas na radio: por unha banda, que nun blog sobre fútbol, no que se debatía o apaixonante tema acerca de quen é mellor, se Benzema ou Higüain (espero que estea ben escritos eses nomes), había como 1400 comentarios. Carallo, pensei, hai que escribir de fútbol para que un blog triunfe. Acto […]