REBELIÓN, INSUBMISIÓN, LIBERDADE
Posted by franciscocastro - 19/03/10 at 10:03 p.m.[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/PUs5yuWp6Ro" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Todo son palabras. Estamos feitos de palabras. Pensamos o mundo a través das palabras. Cando se nos quere ferir de verdade, o mellor é que nos ataquen con palabras. Por iso, cando defendemos as palabras nosas, estamos a defendernos nós como entidade, como realidade singular.
Pero non quero falar da lingua.
Senón das palabras.
Para facer unha pregunta: ¿que pasa cando a dereita se apropia das palabras?
Digo isto porque, nas últimas semanas, escoitamos a líderes conservadores empregando termos que veñen de Maio do 68, que veñen do discurso da esquerda de toda a vida, dos movementos anti-sistema, da contacultura. E así, de súpeto, descobrimos a Esperanza Aguirre, sen ir máis lonxe, chamando un día á rebelión contra non sei que imposto, e ao día seguinte, falando de insubmisión sobre non sei que outra cousa.
Pola súa banda, en Galicia, os de Galicia Bilingüe conseguiron que o seu discuso gravitara arredor da palabra liberdade. Nese discurso móvese o actual goberno noso.
Escoito a miña música de todos os días: os grupos dos sesenta, os cantautores españois dos setenta, Fuxan os Ventos… E soño a revolución.
E comezo a preocuparme, de paso, ao ver que esas palabras revolucionarias agora, quen as manexa, quen lles tira proveito ideolóxico, quen as fai súas, son os que sempre loitaron contra calquera clase de rebelión, os que toda a vida castigaron a insubmisión e os que, polo xeral, en canto escoitan falar de liberdade, comezan a poñerse nerviosos.
A esquerda debería comezar a preocuparse.


Marzo 19th, 2010 at 11:42 p.m.
Si, parece que a direita está a collerlle gusto ás manifas, que si contra a Educación para a Cidadanía, contra a Lei de aborto, contra a subida do IVE,sempre coa intención de sacarlle partido. Roubáronos ata eso aos da esquerda, só nos resta calar e desexar que a maoiría ve claro nese xogo (nisto, confeso o meu pesimismo…)
Marzo 20th, 2010 at 2:13 a.m.
Ten vostede toda a razón: a dereita tira proveito e apodérase das verbas que outrora foran utilizadas pola esquerda, polos progresistas. Trócalle-lo significado e a intención, claro, pero as palabras (os fonemas, digo) son as mesmas. Nembargantes, isto non é novo: dende sempre o discurso do poder ten desenvolvido a capacidade pra acubillar e absorbe-los discursos disidentes e rematar así coa súa disidencia. Si, estou dacordo con vostede: a esquerda debería empezar a preocuparse, mais o problema é que a polisemia sempre ha ser unha cualidade intrínseca da lingua…
O Teotónio.
http://teimasdungalego.blogspot.com
Marzo 20th, 2010 at 9:29 a.m.
Interesantes reflexións, aínda que duras, para comezar a mañá.
Marzo 20th, 2010 at 12:43 p.m.
Ese conto xa é vello. Pensemos se non como a Igrexa foi quen de facernos esquecer as festividades paganas do Imbolc, Beltayne, Lugnasad ou o Samaín pseudorecuperado dende a escola. Curiosamente esas mesmas datas foron as seleccionadas para festividades relixiosas. Se non podes co inimigo, únete a el. E aí os temos.
Marzo 20th, 2010 at 10:49 p.m.
Bos exemplos, abofé.