¿A QUEN SE PARECE PAPÁ? (NA VÉSPERA DO DÍA DO PAI)
Posted by franciscocastro - 18/03/10 at 10:03 p.m.Aos pais encántanos pensar que os nosos fillos e fillas nos admiran, que somos os heroes perfectos.
Tal pensei eu hai un intre, dende o salón, cando a miña filla (dous anos) berraba:
- ¡Este é Papá!, ¡este é Papá!
Como estaba no despacho onde temos os libros, e como sempre está colléndomos e desordeándoos, fun correndo, cun sorriso na boca, mentres pensaba a quen podía referirse: ¿tería na man a biografía de Stevenson e me ve como un viaxeiro de vida impresionante?, ¿quizais Sandokán, afouto coa súa barba e a espada liberando ao seu pobo da opresión?, ¿ou quizais un Sartre ou un Camus en actitude intelectual e sedutora?
Os berros, entusiasmados, foron a máis:
- ¡Este é Papá!, ¡este é Papá!
Excitadísimo e co corazón por fóra pola velocidade, cheguei ao despacho. En efecto, tiña un libro na man. Un libro gordísimo.
-¿Quen é Papá miña rula?, ¿quen é Papá? – preguntei coa miña voz máis agradecida.
- ¡Este é Papá!, ¡mira!
Na man suxeitaba un exemplar dun Mortadelo da miña infancia.
Insistiu. Puxo o seu dediño índice da man dereita sobre o careto de parvo de Mortadelo e volveu sentenciar.
- Mira, ti, Papá.


Marzo 19th, 2010 at 11:16 a.m.
JAJAJA…moi bo pola túa filla, e que os nenos e nenas son de verdade, todos e todas temos experiencias deste tipo, pero a túa é boísima, por que a verdade tes moito parecido, non si?
Unha aperta moi forte e feliz dia do Pai
Marzo 19th, 2010 at 11:38 a.m.
Eu son máis guapo. Feliz día tamén para ti.
Marzo 19th, 2010 at 11:45 a.m.
jajajaj pero que cousa máis dulce de pequena jajaj
Marzo 19th, 2010 at 12:37 p.m.
¿Va que si?
Marzo 19th, 2010 at 3:24 p.m.
Que ruliña lista a tua filla!!!jajaja.
Biquiños Francisco.
Marzo 19th, 2010 at 5:09 p.m.
Máis que lista
Marzo 19th, 2010 at 6:24 p.m.
XD Os nenos son sinceros, e fan asociacións que a nós se nos escapan. De seguro díxoo con todo o amor do mundo. Apertas e ledo día do pai.