QUE LLE DEAN O NOBEL A JUAN MANUEL DE PRADA

Posted by franciscocastro - 16/03/10 at 11:03 p.m.

Hoxe, mentres viaxaba pola AP-9, onde practicamente vivo nos últimos tempos, parei na COPE porque estaban a falar de Miguel Delibes, autor que sempre me interesou e do que dixen, preguntado polo Faro de Vigo o día seguinte ao seu pasamento, que merecía máis o Nobel que Cela.

Do  mesmo falaban na COPE. Así que parei alí.

E Juan Manuel de Prada, un dos máis casposos opinadores desa emisora, vai e solta unha das súas frases lapidarias, unha desasque soltan as persoas moi seguras de si mesmas e, sobre todo, do efecto que teñen determinadas poses:

-El premio Nobel es una bazofia. Solo se lo dan a los malos escritores. Todos los que ganaron el Premio Nobel son escritores pésimos.

A frase, por totalitaria, é terrorífica. Saramago é mal escritor. Doris Leesing é mala escritora. Neruda é mal escritor. Camus é  mal escritor. O propio Cela é mal escritor.

Mais vou aceptar a frase: o premio Nobel só llo dan aos malos escritores.

Daquela, tendo en conta que os artigos de De Prada non hai quen os ature (ideoloxía opusdei por un tubo), que os libros de De Prada  non hai quen os ature (linlle hai anos o Premio Planeta, “La Tempestad” e non hai por onde collela), e incluso tendo en conta que as opinións de De Prada sobre literatura non hai quen as ature, e dado que o Premio Nobel, di el, só se lle dá aos malos escritores propoño que llo dean, pero xa, a Juan Manuel de Prada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

12 ResponsesQUE LLE DEAN O NOBEL A JUAN MANUEL DE PRADA to “”

  1. Luís says:
    Marzo 17th, 2010 at 2:55 a.m.

    E logo a ver se hai sorte e lle cae a X.C. Caneiro

  2. amara orzania says:
    Marzo 17th, 2010 at 2:16 p.m.

    Di do que presumes e direiche do que careces. É ben certo o refrán, moi aplicable a de Prada.

  3. An says:
    Marzo 17th, 2010 at 3:41 p.m.

    Coido que si tivese a enorme fortuna de recivilo, logo diria co nobel so llo dan os mellores escritores do mundo…Esta xente eche así…por certo, que carafio facias ti escoitando a Cope

  4. náufrago says:
    Marzo 17th, 2010 at 5:20 p.m.

    Explícoo no post, An.

  5. Elisabeth says:
    Marzo 17th, 2010 at 5:40 p.m.

    Pois eso estaba pensando eu, An, que hai que ser masoca para escoitar a Cope ou estón facelo como antropólogo… que senon,non ha quen os soporte

  6. náufrago says:
    Marzo 17th, 2010 at 6:49 p.m.

    Totalmente de acordo. Se parei aí é porque falaban de Delibes. E despois o De Prada xa me deixou alucinadiño de todo.

  7. vermella republicana says:
    Marzo 18th, 2010 at 3:58 p.m.

    Suscribo todo o que dis de de Prada, hai xente coa que se perde o tempo ao escoitala. Eu voto porque unha fada madriña coa sua variña o convirta nun obxecto inanimado e mudo, por exemplo en bolso (de Prada claro)

    por certo que na SER falaron e Delibes o día que morreu e ao día seguinte falaron del de seguido, e con moito mais criterio co do Prada este.

    en fin

  8. náufrago says:
    Marzo 18th, 2010 at 8:51 p.m.

    Moi ocorrente o do bolso

  9. Ronsel says:
    Marzo 19th, 2010 at 12:28 p.m.

    Tes o meu voto para o ese Nobel: Prada, sempre vello, insoportablemente casposo, merece iso e moito máis.

  10. náufrago says:
    Marzo 19th, 2010 at 12:37 p.m.

    A ver se o conseguimos.

  11. An says:
    Marzo 21st, 2010 at 6:27 p.m.

    Xa, xa ol ein…pero con todo pareceme un chisco …non sei masoca XD as poucas veces que a escoitei , fixeron dun panpullo unha arma arroxadiza

  12. A canción do náufrago » Arquivo do blogue » ¿COMO É POSIBLE MANIPULAR TANTO? says:
    Setembro 1st, 2010 at 1:16 p.m.

    [...] camiño de Santiago polo serán, falaba Juan Manuel de Prada, ilustre asiduo deste blog, comentando unha película que non lembro cal era,  no programa La [...]