ESTE VENRES RECITO EN VIGO
Posted by franciscocastro - 11/03/10 at 10:03 p.m.Xa o ano pasado, esa marabilla de poeta e de muller que é María do Carmo Kruckenberg cometeu a inconsciencia de convidarme a recitar poemas meus co gallo do Día Internacional da Muller. Escribín cinco que saíron nun volume titulado Elas.
Mañá volveremos á Casa Galega da Cultura de Vigo, a partir das oito, para recitar poemas pero, sobre todo, para gozar do recitado dos de Dores Tembrás, a propia María do Carmo, Lino Braxe e Pilar Pallarés.
Estades todos convidados. Lerei tres de amor e un que escribín hai moito tempo e que me apetece moitísimo volver recitar.
Vémonos alí.


Marzo 12th, 2010 at 9:58 p.m.
Sentín moito non poder estar no recital en Vigo. A estas horas estaredes a ler poemas fermosos e emotivos. Pecho os ollos e abro os oídos ao aire da noite para vos escoitar… O meu aplauso, poetas!
Marzo 12th, 2010 at 11:04 p.m.
Foi todo moi ben. Haberá máis ocasións. Bicos.