‘OS BOS E XENEROSOS’: MAÑÁ EN SANTIAGO

Posted by franciscocastro - 05/03/10 at 11:03 p.m.

Mañá estarei en Santiago convidado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, ás 12 no Museo do Pobo Galego, para ler a Laudatio no acto de entrega do premio ‘Os bos e xenerosos‘ ao Premio Blanco Amor, iniciativa imprescindible para entendermos o desenvolvemento da nosa literatura contemporánea. Eu gañeino no ano 2006. É toda unha emocionante responsabilidade falar mañá sobre isto.

Os Concellos que ao longo destes case que trinta anos foron acollendo a súa organización, serán homenaxeados como cómpre.

Prometo, mañá, ofrecer aquí en PDF o meu texto para quen lle interese.

Estades todos convidados a acompañarnos mañá en Compostela neste acto cívico de homenaxe e de xustiza.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.