EU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS)

Posted by franciscocastro - 04/03/10 at 10:03 p.m.

Hoxe escoitei dúas cousas curiosas na radio: por unha banda, que nun blog sobre fútbol, no que se debatía o apaixonante tema acerca de quen é mellor, se Benzema ou Higüain (espero que estea ben escritos eses nomes), había como 1400 comentarios. Carallo, pensei, hai que escribir de fútbol para que un blog triunfe. Acto seguido, escoitei tamén que o seleccionador francés non leva a non sei quen ‘porque é Escorpio’.

Daquela, enfiei as dúas novas: xa está, eu son Escorpio. E hoxe falarei de fútbol.

Non coñezo  moitos escorpios. E os que coñezo son ben distintos a min. E de feito, non creo para nada nisto da astroloxía. Érache boa. Eu quero ser ceibo e négome a que pola posición que tiñan unhas bólas inertes que andan a dar voltas polo espazo no intre no que asomei a cachola xa estea condenado a ser dunha ou doutra maneira. Iso que as descricións que se fan dos Escorpio sempre molan moito. Resumindo: os peores enemigos, pero os mellores amantes. Ou sexa, uns tipos caralludos, seica.

Daquela, fai mal o seleccionador francés en non levalos.

E obxectivo cumprido: falei de fútbol neste blog. Ou do zodíaco. Ou eu que sei de que falei.

Espero subir dos 1400 comentarios.

Chuzame! A Facebook A Twitter

16 ResponsesEU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS) to “”

  1. cris says:
    Marzo 4th, 2010 at 11:15 p.m.

    jaja eu disto xa opinei hai tempo :) coñezo a cinco Escorpios (de feito vivo hai anos con un) e a verdade creo que si definitivamente as bolas esas que xiran puxéronse de acordo con eles/as… a definición non é mala tipos caralludos jajaja que lle vamos a facer… eu creo na lúa, nas colleitas, nas mareas, nas herbas de namorar…no papa non ;)

  2. náufrago says:
    Marzo 4th, 2010 at 11:24 p.m.

    Pois síntome realmente ben con iso que dis.

  3. susana says:
    Marzo 5th, 2010 at 12:33 a.m.

    eu nin creo nin deixo de crer (no balonpé). mais deixo aquí o meu comentario para contribuír a que chegues aos 1.400. aupa os escorpio!

  4. An says:
    Marzo 5th, 2010 at 4:48 a.m.

    Escorpio os peores enemigos e os mellores amantes…o mellor pensaba neso o entrenador gabacho (de que?) miña filla tamen é escorpio como unha das miñas aboas -xD Saúdos

  5. Elisabeth says:
    Marzo 5th, 2010 at 9:20 a.m.

    Pero, non vale máis calidade que cantidade?

  6. Beluka says:
    Marzo 5th, 2010 at 10:25 a.m.

    Dos escorpio non sei moito, pero teño oído ben veces que se me nota que son Leo… E a min tampouco me convocaron, a verdade…
    A polos 1400 loguiño!

  7. Mr Tichborne says:
    Marzo 5th, 2010 at 1:34 p.m.

    Aquí vai o meu, dun Tauro. Só quedan 1393!

  8. Melmoth says:
    Marzo 5th, 2010 at 2:36 p.m.

    Apaisoante a entrada, meu. Hala. Xa tes un máis.

  9. Melmoth says:
    Marzo 5th, 2010 at 2:40 p.m.

    E se simplificases un pouco os trámites para os que queiran participar, se cadra, só se cadra, alguén máis se podería animar. Digo eu…

  10. Rosa Ll. says:
    Marzo 5th, 2010 at 3:40 p.m.

    Aquí unha Leo colaborando, para que despois digan que os inimigos irreconciliables non dan un empurronciño cando se precisa. ;)

  11. merce says:
    Marzo 5th, 2010 at 6:09 p.m.

    Pois eu son escorpio e cada vez gústame máis iso de renacer das miñas propias cinzas cada vez, e unha renovación permanente, coma o ave Fénix, e de ser bos amantes … e ben bó, e se o scorpio nace con ese arte, que lle vamops a facer.

    Unha aperta Francisco.

  12. náufrago says:
    Marzo 5th, 2010 at 9:56 p.m.

    Ánimo, que estamos chegando :)

  13. E Carpente says:
    Marzo 5th, 2010 at 11:27 p.m.

    Vamos entrar hoxxe por facer un 12, xa qued amenos. En serio se fan os equipos según o signo do horóscopo que sexan os xogadores?. Lástima de milleiros de euros que se gastan no futbol.

  14. náufrago says:
    Marzo 6th, 2010 at 6:16 p.m.

    Pois si, xa ves que cousa. A racionalidade ao poder.

  15. vermella republicana says:
    Marzo 11th, 2010 at 5:49 p.m.

    eu son nai dunha escorpio, pero como non xoga ao fútbol non teño de que me preocupar.
    ala, xa tes unha entradiña mais

  16. náufrago says:
    Marzo 11th, 2010 at 6:49 p.m.

    Xa estamos chegando :)