Archive for Febreiro, 2010

LATITUDE 20º N LONXITUDE 37º W

13th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en LATITUDE 20º N LONXITUDE 37º W

Nos últimos tempos paso os seráns dos sábados visitando algunha exposición no meu Vigo, coa miña pequecha. Hoxe recalamos nunha que lle tiña moitas ganas: LATITUDE 20º N LONXITUDE 37º W. Estamos diante do resultado do traballo do xornalista de El Mundo, Fernando L. Quintela que estes días pode verse no Centro Cultural Caixanova. O […]

A NOITE EN QUE CANTEI CON SUSO VAAMONDE

11th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en A NOITE EN QUE CANTEI CON SUSO VAAMONDE

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/5SdwuEe9yFI” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Van dez anos xa do pasamento do irrepetible Suso Vaamonde. Unha vez contei, pero de pasada, que nunha das súas derradeiras gravacións, a voz masculina que se escoita é a miña. Hoxe, amplio toda a información que falta. Era o ano 1989. Dedicábaselle o Día das Letras Galegas a […]

MALDITO POCOYÓ

9th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en MALDITO POCOYÓ

A miña pequena vai cumprir dous anos. E na súa lingua de trapo é galegofalante completa. Pide ir “ao chan” e chámanlle a atención “os cans”. Vaise disfrazar de “carrapuchiña” e todo iso que xa imaxinades. Na casa fálase galego e transmítese a lingua con amor e devoción. Pero chegou Pocoyó. Un familiar deulle un […]

GALICIA É BAOBAB

8th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALICIA É BAOBAB

Unha gastroenterite vírica deixoume absolutamente fóra de xogo durante a fin de semana. Daquela, pasei o día pechado na casa, collendo folgos. Nun determinado intre da mañá, pasei polas teles. Debe de ser terrible estar na casa pola mañá vendo a tele. Porque a oferta é criminal. Fuxín de teletendas – a centos – duquesas […]

LECTURAS DE INVERNO: ‘EL ALQUIMISTA’ DE LOVECRAFT

7th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en LECTURAS DE INVERNO: ‘EL ALQUIMISTA’ DE LOVECRAFT

Xa recoñecera que tiña a Lovecraft sen ler. Unha desas eivas que se producen na formación lectora dunha persoa, en xeral, e dun escritor, en particular, por mor do costume de ler como leo eu, sen orde e con moito desconcerto. Podería quedar de pinga dicindo iso de que leo dun xeito ecléctico. Pero non, […]

EM DEIA SIMBAD

6th Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en EM DEIA SIMBAD

Velaí o título que terá o meu Chamádeme Simbad cando saia na fermosa lingua catalana, onde vai ser publicado, axiña, por Tàndem Edicións. Este meu pirata, non me dá máis que alegrías.

O QUE ENTENDE A COPE POR CULTURA

3rd Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O QUE ENTENDE A COPE POR CULTURA

Zapeando onte na casa, pasei por Popular TV-Galicia (a canle da COPE, é dicir, da igrexa española) xusto no intre en que aparecía o cartel, no seu telexornal da noite, de Cultura. Como son un vicioso incorrixible, parei alí. Arrancáronse de tal maneira: LOCUTOR: Y vamos ya con la crónica Socio-Religiosa del día, con nuestro […]

O ÚNICO BO DO “CONFLITO LINGÜÍSTICO”

2nd Febreiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O ÚNICO BO DO “CONFLITO LINGÜÍSTICO”

Dicíallo o outro día a unha amiga deputada. Dicíallo o outro día a unha amiga poeta. Dicíallo o outro día a un grupo de estudantes. Dígovolo agora a todos vós, xa que ando dando a brasa por aí con esta teima. O único bo que ten todo isto do “conflito lingüístico” é que, dentro duns […]