¿E SE FIXÉRAMOS UNHA FOLGA OS ESCRITOR@S, QUE PASARÍA?

Posted by franciscocastro - 28/02/10 at 10:02 p.m.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ekdmeSkQZM0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Absolutamente nada.

Ocorréuseme esta idea brillante, e esta conclusión deprimente, lendo esta entrevista con Carme Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, onde di unha verdade enorme: «O movemento social é o único que pode facer variar a política institucional». Ou sexa, o de sempre, que se os colectivos se mobilizan, as xuntas e gobernos centrais, ceden. Sempre foi así e é lexítimo e, sobre todo, necesario, en especial hoxe que vivimos estes tempos tan acougados de máis, perdendo dereitos día si e día tamén e sen que pase, aparentemente, nada, sen capacidade de reacción algunha ninguén en ningunha parte.

Pero non era diso do que quería falar, senón sobre que pasaría se nos dera aos escritores e escritoras en lingua galega por nos declarar en folga pola ausencia de apoios ao noso traballo por parte de quen ten, entre outras funcións, a de promovernos por aí adiante, se declararamos unha folga de ordenadores apagados, de blogues parados, etc. ¿sentiría a Consellería de Cultura que está diante dun conflito brutal?, ¿pensarían os responsables do goberno galego que de verdade que pasa algo grave?

Para min que non.

Igual ata se aliviaban.

Chuzame! A Facebook A Twitter

12 Responses¿E SE FIXÉRAMOS UNHA FOLGA OS ESCRITOR@S, QUE PASARÍA? to “”

  1. Elisabeth says:
    Marzo 1st, 2010 at 12:05 a.m.

    Bueno, a verdade, é que cando lin o título do teu «post», entroume vontade de rir porque a resposta, como ti dis é evidente.

  2. An says:
    Marzo 1st, 2010 at 2:04 a.m.

    Tamén poderiades facer unha folga á xaponesa, traballando arreo e facendo que os vosos escritos fosen golpe tras golpe ó sistema establecido…unha folga normal…pra Consellería (que dáme a min que non «consella» moi ben) seríanche unhas vacacións. Saúdos

  3. Beluka says:
    Marzo 1st, 2010 at 12:31 p.m.

    Si, pasaría o mesmiño que se folgasen os mandamases,… pero sería moito máis triste

  4. amara orzania says:
    Marzo 1st, 2010 at 1:24 p.m.

    A consellería de Cultura só ve e escoita aquelo que lle interesa, que, por unha desgraza do máis paradoxal,ten moi pouco que ver coa nosa Cultura, esa Cultura que di representar. Se todos os escritores galegos ficasen mudos, desgrazadamente, apenas ou nada o habían notar.

  5. Inés says:
    Marzo 1st, 2010 at 4:59 p.m.

    tes razón, o que sí tería efecto é que a xente comezara a ler sen control, con paixón, seguro que os xefes palidecían, unha aperta

  6. náufrago says:
    Marzo 1st, 2010 at 9:51 p.m.

    Pois gustame moito máis esta segunda proposta que a miña.

  7. E Carpente says:
    Marzo 1st, 2010 at 10:36 p.m.

    Eu merquei hoxe dous libros (en galego)e hoxe mesmo vou empezar a ler como propón Inés, seguídesme?

  8. CGENDL says:
    Marzo 2nd, 2010 at 2:21 p.m.

    Grazas por difundir a campaña do orgullo do noso no Twiter e no teu blogue.

    Unha aperta

    CGENDL

  9. náufrago says:
    Marzo 2nd, 2010 at 2:25 p.m.

    O agradecido son eu por ver postas en marcha iniciativas coma a vosa. Apertas grandes.

  10. Acuática says:
    Marzo 2nd, 2010 at 4:05 p.m.

    Eu estou nesas, leo sen control e ás veces até tres libros ao tempo. Máis, levo un libro a todas partes e non hai minuto que non lle dedique.

    Teño que pensar como ler aínda máis… Porque ademais non me dá o tempo para ler todo o que quero…

  11. náufrago says:
    Marzo 2nd, 2010 at 11:00 p.m.

    Nesas andamos todos, Acuática.

  12. Melmoth says:
    Marzo 5th, 2010 at 2:52 p.m.

    Pois non estaría mal. Moitas menos árbores que curtar. Total, para o qeu sae da imprenta…