ROSA DÍEZ É PARVA NO SENSO LITERAL DO TERMO
Posted by franciscocastro - 25/02/10 at 11:02 p.m.Dalgunha maneira, este blogue débelle moito a Rosa Díez. Como diría o outro intelectual, o do dedo para arriba, «non podo vivir sen ela». As probas están aquí e aquí. Aínda que, repasando o seu historial, semella que a que non pode vivir sen nós é ela.
Pero isto dá igual, porque eu quería falar da palabra parvo, unha verba que, dende ben cativiño, me ten, claro, cativado. Un dos meus mellores amigos é andaluz e, cando eramos pequechos, a el sorprendíalle a naturalidade coa que os mues curmáns e eu nos chamabamos uns a outros, parvos. Axiña entendín que era unha verba moi galega sen moita tradución. Unha palabra nosa fascinante. Case tanto coma carallo.
A verba é polisémica, e pode significar, incluso, algo bo. Por exemplo, lembro cando aquela rapaza que me gustaba e á que lle cantei unha canción chea de amor na adolescencia me acariñou á cara ao tempo que me dicía:
- Parviño….
Soaba a gloria.
Pero isto tamén dá igual.
Aquí, o que importa é que parvo significa tamén ‘de poucas luces, ignorante, de pouca intelixencia’. Daquela, despois de escoitar á nosa política favorita, sentenciamos: Rosa, es parva no senso literal do termo.


Febreiro 25th, 2010 at 11:36 p.m.
Onde hai que firmar?, a bo fe que é parva e de remate. Vaiselle a lingua a pastar e faino moi a miudo. Espero que o que dixo lle borre de vez os votos que poida ter en Galicia.
Febreiro 26th, 2010 at 11:44 a.m.
Vese que os votos votan para onde non deben.O que di esta muller é absolutamente intolerable. Desprende das súas desafortunadas palabras un certo cheiro que me fai pensar no olor nauseabundo dun tipo cun pequeno bigote baixo o nariz de cuxo nome non quero lembrarme…
Febreiro 26th, 2010 at 10:18 p.m.
Non vos preocupedes que, a pesar disto, seguirá sacando votos en Galicia. Incriblemente, pero si. Todos os que sinten autonoxo, probablemente, válelles esa definición de gallego.
Febreiro 27th, 2010 at 2:44 p.m.
o problema, e apóstoche o que queiras, e que iso inda lle vai dar máis votos na Galiza. Saúdos
Febreiro 27th, 2010 at 3:15 p.m.
Parva, do latín parvus: pequeno. Ínfima, pequeneira, mesquiña, anana, pouquiña cousa, mingalliña. Dende un punto de vista moral, político e intelectual.
Febreiro 27th, 2010 at 5:11 p.m.
Interesante aclaración filolóxica, abofé.
Marzo 8th, 2010 at 5:50 p.m.
hola soy brais tngo 6 años, me cae mal rosa