FALEMOS DE VIAGRA E DE SILICONA

Posted by franciscocastro - 23/02/10 at 10:02 p.m.

Un bo amigo fíxome chegar estas declaracións do oncólogo brasileiro, e premio Nobel de Medicina, Drauzio Varella. Imaxino que son ese tipo de cousas que andan polos correos arriba e abaixo e que van pasando duns a outros. Polo xeral, non os atendo e borro sen ler. Neste caso, alégrame telas lido.

Coido que explican perfectamente o que é o xénero humano. A nosa parvura. A nosa hipocrisía. A nosa irresponsabilidade. A falacia de tantos e tantos discursos políticos. O trunfo absoluto da sen razón:

«No mundo actual, estase investindo cinco veces máis en medicamentos para a virilidade masculina e silicona para mulleres, que na cura do Alzheimer. De aquí a algúns anos, teremos vellas de tetas grandes e vellos co pene duro, pero ningún deles lembrará para que sirven».

Chuzame! A Facebook A Twitter

5 ResponsesFALEMOS DE VIAGRA E DE SILICONA to “”

  1. Elisabeth says:
    Febreiro 24th, 2010 at 11:18 a.m.

    Encántame a reflexión, mais antes xa había algo diso, moitos de nós (ou dos nosos conxéneres) temos a cabeza para exibir penteados ou cores impossiveis, mas non sabemos nin que hai algo dentro chamado cérebro, e en quanto a usalo…

  2. Beluka says:
    Febreiro 24th, 2010 at 11:23 a.m.

    Grande reflexión, canta razón.
    Pena que non semelle ter fin esta cultura do quéroo xa e sin esforzo. Ande vamos a parir…

  3. amara orzania says:
    Febreiro 24th, 2010 at 11:52 a.m.

    Canta razón e lucidez no teu comentario, náufrago.
    Léndote, lembro aos meus avós, dous vellos que souberon aceptar os anos e envellecer con dignidade. Grazas á memoria, ao milagre da memoria, preservaron intacta a ilusión e o recendo dos seus anos mozos, e seguían, sen necesidade de tetas de primeira nin pene enarborado, amándose, bicándose e apalpándose ás agachadas polos corredores coma nenos travesos. Grazas á memoria.

  4. Boedense says:
    Febreiro 28th, 2010 at 6:08 p.m.

    Unha frase moi atinada. Esta é a sociedade do S. XXI, escrava da estética por riba doutros valores.

  5. náufrago says:
    Febreiro 28th, 2010 at 10:02 p.m.

    Escrava e escravizante…