SE GAÑO, PÓÑOME EN PELOTAS
Posted by franciscocastro - 16/02/10 at 11:02 p.m.Escoito por aí que unha tal Imelda, de Gran Hermano, e un dos Matamoros (non sei distinguilos, a verdade) case que acaban a trompadas despois de discutir sobre quen dos dous tiña máis seguidores no seu blog. Seica a cousa rematou cunha aposta na que pactaron que, quen teña máis, ou quen teña menos (quen mo dixo non se aclaraba) poríase en pelotas diante de todos na tele. Ou algo así.

A cousa fíxome reflexionar, sobre todo porque estou certo de que teñen moitísimos máis cá min. E iso que – perdoen a falla de modestia – estou tamén seguro de que o que eu lles conto é moito máis interesante que o que eles poidan largar á blogosfera.
Pero eu, dende logo, non vou ser menos. E se chego a ter demostración empírica de que a min me le máis xente que a Imelda de Gran Hermano e a un dos Matamoros blogueiro, daquela, publico unha foto en pelotas aquí. Unha miña, quero dicir.
Por apostar que non sexa.


Febreiro 17th, 2010 at 1:13 a.m.
Non o dubido…Este é moito mellor que o deles…o numero de visitas coido que non é proporcional a calidade do blog, se non inversamente proporcional. Saúdos
Febreiro 17th, 2010 at 10:39 a.m.
Coido que deberías gardar a vocación de náufrago nunha illa para o verán… que vai friaxe meu
nunca subestimes @s lectores/as
Febreiro 17th, 2010 at 8:06 p.m.
Vexo que a idea gustou.
Febreiro 17th, 2010 at 9:08 p.m.
Hai uns días que non visito este sitio, pero vaia tema que me agardaba!. Seguro que a calidade, a variedade e a xente que se move por aqui ten moito máis interese e calidade (cos meus respectos para os seguidores de GH) pero xa ves, algo terá ese programa cando segue en antena. Series ben boas foron aliminada logos de 3 ou catro capítulos por «falta de audiencia», iso meu, algo terá. Animo, non te desanimes, só é unha foto, non colleras friaxe.
Febreiro 17th, 2010 at 9:45 p.m.
Vexo que comeza a haber un certo interese pola fotiño
Agosto 10th, 2010 at 4:29 a.m.
[...] Eu díxeno hai un par de días, pero é obvio que estaba de coña. [...]