MALDITO POCOYÓ
Posted by franciscocastro - 09/02/10 at 10:02 p.m.A miña pequena vai cumprir dous anos. E na súa lingua de trapo é galegofalante completa. Pide ir «ao chan» e chámanlle a atención «os cans». Vaise disfrazar de «carrapuchiña» e todo iso que xa imaxinades.
Na casa fálase galego e transmítese a lingua con amor e devoción.
Pero chegou Pocoyó.
Un familiar deulle un DVD coas dúas primeiras tempadas do pequerrecho azul (por outra banda, hai que recoñecelo, divertidísimo). Nun dos capítulos, a historia gravita arredor dun xoguete deses que serven para facer burbullas de xabón. Cunha cousa desas a miña nena métese na bañeira e ela sopra e eu sopro.
Onte díxenlle:
- Mira, para facer burbullas. Como Pocoyó!
- Burbujas – dixo ela en perfecto castelán de Pocoyó.
- Si, chuliña – contestei eu con voz melosa – iso é, bur-bu-llas.
- Burbujas! – repetiu ela con máis énfase.
- Si, meu amor, si, bur-bu-llas, bur-bu-llas… como Pocoyó, ¿a ver como era que se dicía?
- Burbujas! – confirmou insistente, tal Pocoyó.
Mireina moi serio. Pensei nos de Galicia Bilingüe, que insisten en que co actual sistema hai nenos que non aprenden o español. Ollándoa coa miña ollada máis amorosa, sentenciei:
- Pompas, miña rula. Son pompas.


Febreiro 10th, 2010 at 12:25 a.m.
O meu fillo, Santiago, aprendeu que a televisión di mentiras. Apredeuno só, de escoitar aos pais (xornalistas) criticar moitos programas que non son de nenos. Pero el, fixo a xeralización e pensa que todo o que sae pola pantalla é mentiras. Ao comezo, tentei quitalo do erro, pero…
Febreiro 10th, 2010 at 1:52 a.m.
Pocoyó non ten a culpa. E non lla bote moi alto que disque Eli ten malos fumes… Eu, no meu labor de tio dun sobriño teño mamada algunha tempada de Pocoyó e paréceme unha gran serie, simple, didáctica, atractiva… Digo eu que habería que dobrala… en lugar de repoñer Magnum Pi
Febreiro 10th, 2010 at 3:45 a.m.
De certo paréceme moi triste. É unha magoa que a cegueira dalgúns nos teña afectado a todos…o mesmo caso temolo na miña sobriña máis pequecha, ata fai un ano xogabamos o bambán, agora xogamos o columpio por culpa da mesma personaxe, agardo que a TVG, en troques de facer minifundismo cultural, invente unha serie a xeito para loitar contra esta. Saúdos
Febreiro 10th, 2010 at 10:59 a.m.
pois en breve…strong hug! medo!
Febreiro 10th, 2010 at 11:00 a.m.
pois en breve…strong hug! medo!
Febreiro 10th, 2010 at 5:13 p.m.
Pois a min pasoume ao revés. Costumo ver «Cifras e Letras» logo de xantar e hoxe mesmo a miña nena, coa que non falo case nunca galego (e pouco castelán) díxome do salón (eu estaba na cociña): «Mamá, que XA COMEZA O CIFRAS E LETRAS». Pasa neste sentido tamén, pero é evidente que Pocoyó debería estar, como moitas séries boas, dobrada ao galego e difundida na TVG. Xa abonda de Sinshan, por favor!
Febreiro 10th, 2010 at 5:28 p.m.
Gran exemplo, Elisabeth. E é o que levamos moito tempo mantendo: o poder da tele, do audiovisual en xeral.
Febreiro 10th, 2010 at 5:51 p.m.
Pois a min, que teño un neno de case tres anos, pasoume EXACTAMENTE igual que a Francisco co tema de Pocoyó. Na televisión galega o audiovisual está concentrado en horas concretas (en castelán teñen Clan) e en galego non hai practicamente nada (terei que empezar a gravar…) Polo que vexo nos post hai dous temas, o da inexistencia dun bo aidiovisual (Pocoyó éo) en galego, e logo outro, o da influencia da televisión nos nenos. Eu procuro racionala, pero non sempre podo/podemos, e o neno, que só escoita galego na casa, cada vez sabe máis castelán. Éche así, dígao Gloria Porro ou o porqueiro de Agamenón.
Febreiro 10th, 2010 at 8:35 p.m.
na casa os primeiros dvd de pocoyó mercámolos en portugal.
pero afinal acabamos caendo na fórmula máis cómoda e os seguintes viñeron en español…
fose só pocoyó…
fose só a lingua o problema da tele…
Febreiro 10th, 2010 at 11:44 p.m.
En efecto, se só fose Pocoyó…
Febreiro 11th, 2010 at 2:35 p.m.
Pues a mí me gustaría aportar el punto de vista del vaso medio lleno.
Para cuando tu nena, Naufrago, sea capaz de acercarse a este blog y «postear» su opinión, sabrá cuando utilizar burbullas y cuando burbujas, y estaría bien que pudieramos garantizarle que supiera utilizar bulle, bubbles, bolha, bolla, etc.
A mi me tocó aprender gallego a doce mil kilometros aquí, en las reuniones familiares de un domingo cada tantos y, mal que bien, aprendí a entenderlo, a leerlo, a disfrutarlo y a quererlo.
Lo que no me pasó con el japonés, aunque asistiera a clase.
Apertas y sayonara.
Febreiro 11th, 2010 at 2:46 p.m.
É que iso está garantido. Nunha casa na que só se fala galego, a nena aprende o castelán, a partir da tele e nin che conto cando chegue ao colexio. Que hai que garantir iso non o discute ninguén. O que se discute é a opinión de que os nenos e nenas galegos non aprenden o castelán.
Apertas e saionara.
Febreiro 11th, 2010 at 5:24 p.m.
O mesmo pasa co Leo que vai incorporando palabras españolas. Pero eu son don Errequeerre e teimo co galego.
Sei que nun futuro non moi lonxano o Leo falará o español de Galicia e espero que tamén, con sorte, a lingua de complicidade e familiar da casa, o galego.
Non queda outra.
Febreiro 11th, 2010 at 8:12 p.m.
O meu fillo maior, que ten 14 anos, é galegofalante. E sabe o castelán. E inglés. Iso é o trilingüísmo, seica. Errequeerre temos que estar sempre.
Agosto 10th, 2010 at 11:07 p.m.
[...] estes días por Galicia Víctor López, productor de Pocoyó, do que xa falei hai pouco. E declara en varios medios que "os contidos infantís teñen que ser brancos, que as series non [...]