Comentarios en: LECTURAS DE INVERNO: ‘EL ALQUIMISTA’ DE LOVECRAFT

Por: náufrago
Xenial, Rosa, grazas. A atmosfera, dende logo, está máis que conseguida.

Por: Rosa Ll.
A min gústanme esas atmosferas tenebrosas e claustrofóbicas de Lovecraft, e non só para pasar o inverno, a súa escrita paréceme sumamente elegante. Inquietante.

Aínda teño moitos textos del pendentes de ler, pero todo o que lle lin fascíname. Gustaríame ter maior fluidez na lectura do idioma orixinal, na traducción pérdese moito rítmo e moita desa música tan circular e abafante que ten escribindo. Hai un texto del co que rompín a cabeza para traducilo, dinlle voltas e voltas tentando captar a esencia, mais o son dos pasos nunha canella escura fuxiu. O título, The book, O libro, velaquí deixo a miña versión  nesta illa.

O libro

O lugar era escuro e poeirento e medio perdido

nun labirinto de vellas canellas ao carón dos peiraos,

cun cheiro a cousas estrañas traídas alén dos mares,

e con curiosos rizos de néboa que os ventos do oeste sacudían.

Pequenas pastillas de cristal, escurecidas polo fume e a xeada,

case non deixaban ver os libros, en columnas retortas

podrecendo do chan ao teito

esborrallando vellos saberes a prezo de saldo.

Entrei, enfeitizado, e dun monte de arañeiras

collín o volume máis a man e boteille unha ollada ao chou,

tremendo diante de palabras raras que semellaban gardar

algún segredo, monstruoso só se un o coñecía.

Despois, na procura dun vendedor vello no oficio,

non fun quen de atopar nada máis que unha voz que ría.

(agardo que a pantasma de Lovecraft non veña a por min con sede de vinganza.)

Por: náufrago
Prezada Susana: pois parabéns por ambas as cousas. É certo que en Primaria a paridade neste asunto é máis ou menos iso, é dicir, paridade. Na adolescencia comezamos os homes a desertar. E sobre o blog: moi suxestivo. Moito, moito ánimo, e xa sabes onde me tes para o que precises.

Bicos

Por: Susana Lamela
Ola Francisco.

O 14 de xaneiro comentaches nunha das entradas do teu blog que as nenas len máis ca os nenos, ou cando menos, as nenas visitan máis as librerías.

Sorprendentemente, no cole vimos de montar un club de lectura ao que se anotaron 20 nenos e 13 nenas.

Non sei se é que na Educación Primaria aínda conseguimos motivalos, ou, se cadra, as cousas están a cambiar. Isto último sería o mellor que podería acontecer!!!!!!

Se queres consultar a páxina da biblioteca, aquí cha deixo: http://viaxaconpopi.blogia.com/

Bicos

Susana Lamela