O QUE ENTENDE A COPE POR CULTURA
Posted by franciscocastro - 03/02/10 at 10:02 p.m.Zapeando onte na casa, pasei por Popular TV-Galicia (a canle da COPE, é dicir, da igrexa española) xusto no intre en que aparecía o cartel, no seu telexornal da noite, de Cultura. Como son un vicioso incorrixible, parei alí.
Arrancáronse de tal maneira:
LOCUTOR: Y vamos ya con la crónica Socio-Religiosa del día, con nuestro colaborador (aquí non lembro o nome), que nos va a explicar qué es lo que hoy dijo el Papa en su visita a los obispos de Gales.
E claro, alucinei. A sección de Cultura dese telexornal é en realidade unha crónica socio-religiosa. Daquela, pensarán que son a mesma cousa. E non o son, dende logo.
(E xa non entro no asunto delicado que supón o feito de que, por ter a concesión para Galicia están obrigados -ata onde eu sei- a emitir parte da programación na lingua nosa. Que eu saiba -non me deteño moito por esa canle, comprenderán- non o fan. E pregunto: ¿non tería alguén que ocuparse de que cumprisen coas condicións da concesión?)


Febreiro 4th, 2010 at 11:18 a.m.
Pois sinto dicirte que esta vez estás enganado. Ou non te decataste que a semana santa e o Rocío son uns hitos da cultura española? Alén disto, a obra «literaria» de ficción máis importante da historia (nalgures lin que é a máis vendida) é a biblia. E se nalgúns foros falan da Galiza, é polo Xacobeo ou a semana santa de Ferrol, éche a dura realidade. O que si cabe preguntarse é se o Papa (que vontade de dicir o papanatas!) é un representante da cultura e de que arte, porque como non sexa da farsa, non vexo…
Febreiro 4th, 2010 at 7:46 p.m.
E moi importante coñecer ese «mundo cultural», non digo seguilo, pero si coñecelo. Hai veces que se poden escoitar comentarios sobre un feito determinado tan contrarios ao que penso eu, por exemplo, que da a impresión de estar a falar de cousas diferentes. Son opcións distintas, pero ese fundamentalismo non che me gusta nadiña.
Febreiro 4th, 2010 at 8:36 p.m.
Pois eu nin para iso.
Febreiro 4th, 2010 at 8:47 p.m.
Ao ler de novo o comentario, decátome que semella que penso que sí é cultura. O que quería dicir (había que lelo con ironía) é que INFELIZMENTE, se coñece máis certos lugares por estaren ligados á relixión que por teren nacido alí un Torrente Ballester ou Concepción Arenal. Pero éche así, ao meu pesar…
Febreiro 4th, 2010 at 9:59 p.m.
Non, non Elisabeth, entendérase á primeira a retranca que había no teu comentario. Un saúdo.