O ÚNICO BO DO «CONFLITO LINGÜÍSTICO»

Posted by franciscocastro - 02/02/10 at 10:02 p.m.

Dicíallo o outro día a unha amiga deputada.

Dicíallo o outro día a unha amiga poeta.

Dicíallo o outro día a un grupo de estudantes.

Dígovolo agora a todos vós, xa que ando dando a brasa por aí con esta teima.

O único bo que ten todo isto do «conflito lingüístico» é que, dentro duns anos, estudarase nas Facultades de Ciencias Políticas como un exemplo de conflito inventado, de como se colle unha realidade, na que non existe pelexa por asunto do idioma e, a posta, e para sacar réditos electorais, vai e se monta unha bronca en toda regra que saca á xente á rúa a dicir que está ata ese sitio de que lle tiren da lingua.

Iso é o único bo que vai deixar todo isto. Que nos estudarán nas facultades de Quèbec, por dicir un sitio, para os futuros politólogos aprender como enlearla ata o vómito.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 ResponsesO ÚNICO BO DO «CONFLITO LINGÜÍSTICO» to “”

  1. chaly vera says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 11:20 p.m.

    El que este libre de culpa que se el primero de jalarme de la lengua

  2. E Carpente says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 11:55 p.m.

    Son ganas de buscarlle o lado bo a un asunto que nunca debeu de ser. Está ben que nos estudien, que nos coñezan en Quebec ou en Montana. Quero mellor que coñezan a praia de Rodas ou os percebes, a Rosalía e Castelao, a Rivas, a Cunqueiro.

  3. E Carpente says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 11:57 p.m.

    Son ganas de buscarlle o lado bo a un asunto que nunca debeu de ser. Está ben que nos estudien, que nos coñezan en Quebec ou en Montana. Quero mellor que coñezan a praia de Rodas ou os percebes, a Rosalía e Castelao, a Rivas, a Cunqueiro.

  4. Manu Montenegro says:
    Febreiro 3rd, 2010 at 3:37 a.m.

    E a fusión das Caixas, ou de cómo unir dúas entidades financeiras se unha delas non está dacordo coa operación, tamén se estudará en Quebec, pero en económicas.