Archive for Xaneiro, 2010

QUERO COMO EN CATALUÑA

16th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUERO COMO EN CATALUÑA

Xa falei disto, varias veces. Do efecto positivo que ten a dobraxe en galego sobre a lingua e a súa normalidade. Mais hoxe volvo, para declarar que quero que aquí se fagan as cousas como en Cataluña, onde o seu parlamento ven de aprobar a Lei do Cinema, que obriga a que todos os DVDs […]

HIPOCRISÍA DIANTE DO TREMOR EN HAITÍ

15th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HIPOCRISÍA DIANTE DO TREMOR EN HAITÍ

Hoxe tirei moi cedo para Compostela pola AP-9, como fago todas as semanas unha ou dúas veces cando menos. Tentei fuxir das novas sobre o tremor de terra en Haití. Incluso na radio tiña a sensación de que se centraban máis no espectáculo (“Puerto Príncipe huele a cadáver”, dixo a enviada da SER) que en […]

HOMES LENDO, MULLERES LENDO

14th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HOMES LENDO, MULLERES LENDO

Pasei o serán coa miña cativa de ano e medio, por segunda vez esta semana, na sección de infantil dunha librería viguesa. Ela fedella por aquí e por acolá, e eu voume fixando en que libros son os que máis chaman a súa atención e, despois, mercámolos. Foron case que dúas horas alí, lendo xuntos. […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 12 (CRÓNICA DUN MUNDO RARO)

13th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 12 (CRÓNICA DUN MUNDO RARO)

Este é, definitivamente, un mundo raro. A media tarde saín na procura dun caixeiro automático. Entrei no que teño ao carón da casa. A pantalla estaba chea de cuspe. E polo xeito en que escorregaban aqueles líquidos (perdón pola porcallada) notábase que había ben pouco que o deixaran alí. Pensei: que mundo máis raro no […]

O GALEGO IMPORTA UN CARALLO DE MICO (CON PERDÓN)

12th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en O GALEGO IMPORTA UN CARALLO DE MICO (CON PERDÓN)

¿Que pasaría se un goberno decidise facer un plan para talar todas as árbores do país? Sairiamos todos á rúa dicindo que non, que o patrimonio natural galego é algo irrenunciable e que ninguén ten dereito a quitarnos algo que é noso. Tanto verde é noso e debemos defendelo. ¿Que pasaría se un goberno dixera […]

OXALÁ PUIDERAMOS ESTAR CALADOS

10th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en OXALÁ PUIDERAMOS ESTAR CALADOS

Vaia por diante que eu son dos que leva toda a vida defendendo que o intelectual, o artista, calquera dos que temos unha certa voz pública, debemos ofrecela, xa que nos dan o privilexio de falar en alto, para as causas que consideremos xustas. Durante anos, e ata non hai pouco, había en certos sectores […]

MÁIS DE 2000 MILLÓNS PARA DEFENSA. SÓ 800 PARA CULTURA

9th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en MÁIS DE 2000 MILLÓNS PARA DEFENSA. SÓ 800 PARA CULTURA

Semella que nos últimos tempos, neste meu blog non falo máis que de cartos. Pero é que ten que ver, e moito, co asunto cultural. E se hai uns días suxeriamos que aproveitando iso da crise as administracións públicas ían pechar moitas billas, hoxe, lendo de vagar os Orzamentos Xerais do Estado previstos para este […]

¿HAI LITERATURA PARA HOMES E LITERATURA PARA MULLERES?

8th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿HAI LITERATURA PARA HOMES E LITERATURA PARA MULLERES?

Onte, nunha librería de Vigo, cando estaba pagando, entrou un rapaz pedindo axuda ao libreiro para mercar un libro. Cito textualmente: “de algún autor bueno, que venda mucho, que saliera hace poco”. Sempre me pareceu impresionante que os libreiros sexan capaces de aconsellar a todo o mundo, incluso aos que veñen con semellante e difusa […]

UNHA ANÉCDOTA REVELADORA DO EFECTO DESGALEGUIZADOR DO ENSINO

7th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA ANÉCDOTA REVELADORA DO EFECTO DESGALEGUIZADOR DO ENSINO

A noite de Reis ceamos, como cada ano, coa familia do meu bo amigo Manolo P. As horas fóronnos levando por temas varios. Mais todo estoupou (de risa) cando nos contou a súa entrada o primeiro día de clase. A profesora (estamos nunha escola unitaria de aldea; Manolo P. que hoxe anda nos 40 anos […]

HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 11 (CONTO DE REIS CUN DÍA DE RETRASO)

6th Xaneiro 2010 by franciscocastro Comentarios desactivados en HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 11 (CONTO DE REIS CUN DÍA DE RETRASO)

De pequeno non me levaban ás cabalgatas de Reis. Sempre se me agasallou  moito ese día, é ben certo. De feito, fiquei moi sorprendido cando me botaron a bicicleta porque eu non a pedira. Tiña seis anos e aí é cando comecei a sospeitar. Daquela, na miña infancia, o ambiente de Reis nunca se vivíu […]