PALABRA DE AUTOR/PALABRA DE AUTORA

Posted by franciscocastro - 31/01/10 at 10:01 p.m.

Mañá dará comezo un microespazo na TVG titulado Palabra de autor/palabra de autora, que vai xusto despois do Telexornal do medio día. Durará algo máis dun minuto. En total, 220 programas, que non está nada mal, arredor dun escritor ou escritora e as súas novidades bibliográficas.

Despois desta defunción, e desta (e da supresión de Miraxes, da que nunca aquí falei), é para celebrar que comece este espazo que, aínda que pequeno, cumpre coa obriga da televisión pública, de apoiar e visibilizar a cultura nosa. A hora é magnífica e, a priori, teno todo a favor.

Toca aplaudir á nosa televisión, que tantos paos leva.

Que non nos decepcionen de novo, por favor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesPALABRA DE AUTOR/PALABRA DE AUTORA to “”

  1. E Carpente says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 11:42 p.m.

    Bo e algo, que é máis que nada, pero só un minuto…
    Tratarei de ver se se pode ver en internet, porque a hora de «máxima audiencia» non cadra co meu horario laboral.

  2. náufrago says:
    Febreiro 3rd, 2010 at 3:17 p.m.

    A ver se hai sorte.