VARRENDO A NÉBOA

Posted by franciscocastro - 30/01/10 at 10:01 p.m.

Botei unha semana practicamente secuestrado impartindo un Obradoiro Literario fóra de Vigo que me facía tirar literalmente o meu corpo sobre a cama, ata caer desmaiado e sen folgos ningúns, a intempestivas e pouco poéticas horas da noite. Por iso nada escribín en todo este tempo.

E como estou de volta, e ávido, collín á miña pequecha esta tarde e metémonos os dous nunha exposición que ven de inaugurar o MARCO de Vigo e que me chamou moito a atención tanto polo título como pola filosofía da mesma:

Cousas que só un artista pode facer

Trátase dunha mostra que reflexiona arredor do humor na arte e que leva aos que participan a facer propostas aparentemente absurdas, como, por exemplo, gastar unha fortuna en coller peixiños de cores australianos e levalos en avión a coñecer California. Hai de todo, e quen teña ganas de saber que máis hai, pois que se pase por Vigo.

Eu só direi que gustei especialmente do traballo de Tere Recarens (Barcelona 1967) quen, farta do ceo sempre cheo de nubes de Berlín, decidiu tirarse en paracaídas cunha cámara e unha vasoira para varrer as nubes.

A imaxe de varrer nubes, ou néboa, ou calquera outra cousa que non se poida obxectivamente varrer, é algo que me seduce especialmente e dende sempre. De feito, hai anos, publiquei, no meu libro de relatos eróticos, Xeografías, un conto no que unha muller, mentres varría a néboa, varría tamén as cousas malas do mundo ao tempo que vivía un festín nemotécnico e erótico. Aí queda iso.

Volvín. Gardo o paracaídas. Veño disposto a varrelo todo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesVARRENDO A NÉBOA to “”

  1. paideleo says:
    Xaneiro 30th, 2010 at 10:41 p.m.

    Alédome de que a ausencia fose por motivos sen gravidade.
    Benvido.

  2. náufrago says:
    Xaneiro 30th, 2010 at 10:46 p.m.

    Grazas, paidelelo. Tudo bem.

  3. E Carpente says:
    Xaneiro 30th, 2010 at 10:59 p.m.

    Xa me parecia a min que habias andar na sementeira, de seguro ha dar bos froitos.
    Oes, se tes un pouco de vagar, pasas aqui por Ponteareas coa vasoira de varrer a néboa, habémoscho agradecer.

  4. merce says:
    Xaneiro 31st, 2010 at 12:25 a.m.

    Me asomo a tus palabras, tras este título tan interesante, evocador y soñador.

    Muy simbólico lo que cuentas sobre tu libro,
    barriendo niebla y limpiando el mundo.

    Un abrazo Naúfrago.

  5. fasedoira says:
    Xaneiro 31st, 2010 at 11:50 a.m.

    Botóuseche de menos :)

  6. fasedoira says:
    Xaneiro 31st, 2010 at 11:57 a.m.

    …digo botóusete :)

  7. náufrago says:
    Xaneiro 31st, 2010 at 2:25 p.m.

    Grazas a todas e a todos. Así dá gusto volver a casa.

  8. hormiga says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 3:33 a.m.

    e para cando algun taller por A Coruña. Eu xa teño tempo agora para asistir a outro mais. Saudos.

  9. náufrago says:
    Febreiro 2nd, 2010 at 2:30 p.m.

    Prezada hormiga: ogallá axiña poida facer un na Coruña. Saúdos.