QUERO COMO EN CATALUÑA
Posted by franciscocastro - 16/01/10 at 10:01 p.m.
Xa falei disto, varias veces. Do efecto positivo que ten a dobraxe en galego sobre a lingua e a súa normalidade.
Mais hoxe volvo, para declarar que quero que aquí se fagan as cousas como en Cataluña, onde o seu parlamento ven de aprobar a Lei do Cinema, que obriga a que todos os DVDs que se distribúan en Cataluña deben ter menús, dobraxe e subtítulos tamén en castelán. É importante o adverbio, para que os pesados de sempre non nos veñan co discurso trapalleiro da imposición.
Non pasaría nada se o parlamento galego aprobase tal lei. Os gastos correrían pola conta das produtoras, que non ían deixar o mercado galego desatendido por iso. A nós non nos custaría un pataco. O galego sairía beneficiado. E aos que quixeran escoitalo en castelán, ou finés, ou inglés, ou en portugués ou en albano-cosovar ou en calquera lingua agás na nosa, con non activar esa opción, pois xa o evitan e non se contaminan.
Daquela, a pregunta obvia: ¿por que non se fai unha lei así, que a ninguén prexudica e a tantos e a tantos niveis beneficia?

Xaneiro 17th, 2010 at 6:59 p.m.
Eu tamén quero, que cada quen faga logo a sua escolla, pero que poidan facela.
Xaneiro 17th, 2010 at 7:12 p.m.
Cando menos iso, poder facer a escolla.